Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (43)

viernes, 27 de enero de 2023
Don Manuel Becerra e a Honra de ser Valuro

No diario, El Anunciador (16-07-1887), proclámase que na segunda quincena de xullo A misteriosa e incógnita Valura (43)visitará o Sr. Becerra as provincias de Galicia e Asturias, e así sucede porque no xornal lugués, El Lucense (30-07-1887), quince días despois, aparece un artigo que non leva firma, no que pretende como reza na súa cabeceira, "diario católico de la tarde", desprestixiar canto se poida ao Sr. Becerra, naturalmente que nos estamos a referir a D. Manuel Becerra Bermúdez. Este xornal facíase na rúa de San Pedro, nº 31 e o artigo comeza dicindo que o Sr. Becerra brinda en honor ao belo sexo de Lugo, o que non lle gusta nada ao xornalista ao dicirnos "Y que poco pega (isto) a los 64 abriles", onde o articulista estase trabucando porque D. Manuel nace no 1820 e ata o 1887, ano no que se escribe isto, van 67 abriles e non 64.

Logo, séguese metendo co reducido do local para albergar a gran cantidade de amigos que deberían estar con el e de pasada meterlle unha mofa ao outro xornal adversario seu chamado La Correspondencia, que debía falar de que o pobo en masa saíu a recibilo.

Continúa dicindo que o Sr. Becerra chamouse a si mesmo "viejo justador por las libertades pátrias, nunca arrepentido de sus actos" e logo bótalle en cara o cobro de 7.500 pesetas que lle corresponden de cesantía. (Parece que estamos no 2021 porque estáselle a botar en cara o mesmo que hoxe se fai cos comunistas que por ser comunistas non poden ter bos coches, nin vivir ben, nin cobrar o que os demais cobran.)

Prosegue comentando que o noso político estivo moi ameazador, que falou de relixións positivas, das que segundo o cronista non estaba moi forte e logo dinos que o Sr. Becerra seguiu falando
"Y de... hasta de la balura"
(ars petendi)

A misteriosa e incógnita Valura (43)
Evidentemente que Don Manuel tiña que falar da Valura, onde foi o seu lugar de nacemento, concretamente na Ponte de Outeiro e do que sempre estivo moi orgulloso, o que se evidencia cando a Deputación Provincial de Lugo, recoñecendo o seu labor, lle concede o título de fillo preclaro e predilecto de Lugo en 1888, ao que expresa o seu sentimento con estas palabras:
"Hijo soy de esta provincia, de eso que vosotros llamais la Baladura de Castro de Rei de Tierrallana".

Para rematar a faena do desprestixio o articulista descoñecido pon entre paréntese, "ars petendi", tratándoo de moinante para introducilo dentro da etnia dos Valuros que por entón non tiñan moi boa fama, en parte por culpa da relixión e agora deste xornal católico que fai todo o posible por desprestixiar aos republicanos e aos valuros que tanto loitaron contra a Igrexa.

Remata o artigo dicindo que aplaudan os que foron convidados a este acto por Juan Romeo.

Transcribimos a continuación esta especie de "espiche" que quere ser fino e galante pero que se lle ve o plumeiro dende o seu comezo porque D. Manuel Becerra foi un home digno onde os haxa e sempre acorde co seu pensamento demócrata e laico:
"El Sr. Becerra brindó en honor del bello sexo de Lugo, ¡Qué galantería!... ¡Y que poco pega a los 64 abriles!
Sintió que lo reducido del local no hubiese permitido la asistencia de gran número de amigos. Aludiría al pueblo en masa que, según La Correspondencia salió a recibirlo.
Se llamó "viejo justador por las libertades pátrias, nunca arrepentido de sus actos...
¡Claro! ¡Cómo por esas "justas" consiguió que la pátria le "libre" 7.500 pesetas de cesantía.
Y llegó a personaje.
Pero ¡qué amenazador estuvo!
Se conoce que, al verse en Lugo, se sintió con bríos para volver a empuñar la "moca".
Y habló de religiones positivas (francamente en materia de religión no le consideramos muy fuerte), y de... hasta de la balura
(ars petendi).
Aplaudid, oh vosotros, á quienes tocó la dicha de ser convidados por Juan Romeo".


Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
EL ANUNCIADOR. (16-07-1887) Diario de La Coruña y de Galicia. Nº 8458.
EL LUCENSE. (30-07-1887) Diario católico de la tarde. Nº837. Pág. 2.
EL ECO DE GALICIA. (30-07-1887) Diario de la tarde Nº 37. Dícenos... Soberbia estocada (porque tal puede llamarse) propina hoy EL LUCENSE al Sr. Becerra.
"Es de verdadero maestro: lo reconocemos con gusto. Esa no es la pluma del articulista anónimo.
Pero tanto no ha dicho EL ECO, y sin embargo, dice EL REGIONAL que dicen...
Ya se ve EL REGIONAL ha sido uno de los dichosos á que alude EL LUCENSE, y que oyeron al Sr. Becerra, suponemos que invitado por Juan Romeo...
¿Y qué ha de decir?
Aquí está o xornalismo do século XIX na súa máis pura febre informativa.
Na páxina 3 continúa "Hemos sabido por varios demócratas rurales que el Gobernador civil no había bajado a la estación a despedir al Sr. Becerra; omisión que traía preocupados a los representantes de la majestad del pueblo".
O mesmo xornal, o día 29/07/1887 dinos "Hoy salieron en el tren mixto con destino á Santa Marta de Ortigueira, el Excmo. Sr. D. Manuel Becerra y D. Teolindo Soto. Deseámosle feliz viaje".
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES