Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai algo máis...

jueves, 26 de enero de 2023
Cando nos erguemos cada día, podemos ver, podemos tocar...
¡Qué sorte a nosa!
Hai quen no pode...
Pero, aínda así, hai algo máis...

Hai moitas cousas que non se poden percibir polos sentidos corporais; pero non por eso deixan de ser moi importantes.
Non se ven nin se tocan pero percíbense dalgunha maneira.

Trátase das emocións e, sobre todo, dos sentimientos.

NESTE MUNDO MATERIALISTA, CONSUMISTA, CAPITALISTA:
O MATERIALISMO E O CONSUMISMO NON SACIAN TÓDALAS NOSAS NECESIDADES.
E O CAPITAL TAMPOCO.

Hai algo máis: as emocións, os sentimientos, a vida afectiva, a vida espiritual...

De tal xeito que cando experimentamos alegría, sorpresa, admiración, amor, adoración, calma, seguridade, disfrute, interese, comprensión, etc, etc.
Sentímonos moi ben; o noso nivel de benestar é moi gratificante.

Algo ben diferente ocorre cando sentimos disgusto, terror, morriña, enfado, noxo, indignación, tristura...

Tódalas emocións producen en nós sentimentos que se van procesando dunha ou doutra maneira...
Cómpre xestionalas da mellor maneira posible.

Debemos ter en conta que nesta vida todo pasa.

- NIN A LEDICIA NIN A TRISTURA DURAN SEMPRE.
Se na vida non houbera momentos de tristura, non saberíamos valora-los momentos de ledicia.
Ámbolos dous forman parte da vida: os primeiros para disfrutalos e agradecelos e os segundos para aprender a superalos.

- NIN O AMOR NIN O ODIO ESTÁN SEMPRE PRESENTES NA NOSA VIDA.
O amor é a fórmula mellor; pero a veces o odio aparece en compañía de envexas ou insatisfaccións persoais.
As envexas destrúen a quen lles dá cabida no seu corazón; pero é posible facerlles fronte poñendo amor no seu lugar.

- NIN A ADMIRACIÓN NIN O DESPREZO SON PARA SEMPRE.
- Na vida: a veces admírannos e outras ignórannos ou incluso nos desprezan.
Hai de todo; pero todo pasa.
- Admiremos todo canto de bo nos ofrece a vida, que é moitísimo, e esquezámonos cantos antes dos momentos de desencanto, que en nada favorecen o noso crecemento interior.

E así pasa coas restantes emocións que experimentamos ó longo do día, ó longo da vida...

Sabendo que as emocións positivas xeranbenestar en quen as practica e máis en quen as recibe...

DEBERÍAMOS APRENDER A VE-LO LADO POSITIVO DA VIDA E SAIRÍAMOS TODOS GAÑANDO.

Se evitamos, na medida do posible:
- Enfados.
- Sentimentos de culpabilidade.
- Indignacións innecesarias.
- Medos inxustificados.
- Disgustos...
- Envexas...

Estaremos creando paz interior que é o máis importante.
Porque a paz interior non ten prezo, é un ben de incalculable valor.

Un dos problemas importantes de hoxe en día quizais sexa a paz interior.
Moitas persoas viven insatisfeitas...
¡Que pena!

Non debe ser un labor moi doado mantela á raia; pero sempre podemos pedir axuda.
Sempre hai persoas santas ó noso carón dispostas a botarnos unha man.
Estou pensando nunha santa actual.
Paréceme que ela pode darnos algunhas fórmulas para aplicar no día a día.

"FÓRMULAS POSIBLES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES