Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 25 de enero de 2023
Despois das dez chegan as once

Rocei catro gavelas de toxos e marchei para a casa. Por que vou rebentar rozando oitenta dun golpe? Así, unha mañá rozo catro ou cinco; outra, tres ou catro; e día tras día acabarei rozando as oitenta ou cen. Total, non son para estrar nin levalas a ningunha leira. Rózoas simplemente porque me gusta rozar. Ou porque me gusta ver as fincas limpas. Ou porque rememoro a infancia.
Pingas de Orballo Non teño présa. Na vida ninguén debería andar apurado. Se fagas o que fagas, despois das dez chegan as once. E porque un fixera ou non fixera, a vida non se detén, nin recúa; a vida segue. Se rozara as oitenta gavelas dun golpe doeríanme os cadrís, e sen deter o tempo. Rocei catro e despois das once chegou o mediodía. Así de sinxelo.
Outras veces, en vez de arar toda unha leira pola tarde, aro a metade e deixo a outra para a tarde seguinte, ou para dentro de dous días. Total, o luns daralle paso ó martes e o martes ó mércores. A xogada das vacas non cansará e o eido, máis cedo ou máis tarde, acabará arado. Arando pouco a pouco incluso o podo facer co burro. Nin cansan as vacas nin cansa o burro.
Toda esa filosofía barata vén a dicir que a vida e o tempo son indomables, que non vale programarse porque nin unha nin o outro nos van facer caso. Eles sempre tiran para adiante. O día que remate a vida e se deteña o tempo... malo! Aí xa non me meto nin intento filosofar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES