Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán homenaxean a Castelao e a Rosalía e reafirman a súa vontade de seguir traballando xuntas

martes, 24 de enero de 2023
Compostela, 22 de xaneiro de 2023.

O panteón de galegos ilustres acolleu esta mañá de domingo un acto de recoñecemento da importancia de Castelao e de Rosalía na loita pola pluralidade lingüística e na defensa das linguas minorizadas do Estado, por parte de representantes de entidades en defensa do galego, do éuskaro e do catalán, que reafirmaron a súa vontade de seguir traballando de xeito conxunto pola pluralidade e pola liberdade.
Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán homenaxean a Castelao e a Rosalía e reafirman a súa vontade de seguir traballando xuntas
Francesc Marco, secretario de Plataforma per la Llengua, recordou que este 2023 se conmemora o centenario do nacemento de Galeusca, salientando que "se temos historia, tamén temos futuro" e poñendo en valor o traballo desenvolvido ao longo dos últimos anos de xeito coordinado polas entidades do Estado, especialmente no relativo á nova lei do audiovisual. "É importante que as organizacións das linguas sexamos plenamente conscientes da realidade de hoxendía: dos novos cambios de hábitos de consumo, do papel do audiovisual e das pantallas, porque o catalán, o euskera e o galego son linguas que veñen de moi lonxe, que teñen moita historia e que han de ser tamén as linguas da modernidade, do presente e do futuro", apuntou Marco.

Paul Bilbao Sarria, representante de Kontseilua, recordou a historia das "relacións trinacionais galaico-vasco-catalanas". "Compartimos visións e proxectos", apuntou, "e unimos forzas ante a visión monolingüe que existe no Estado e os seus diferentes poderes". Neste sentido, Paul Bilbao salientou a unión das sociedades vasca, galega e catalá á hora de "reprobar as actuacións que está tendo o poder xudicial contra medidas favorables para a garantía dos nosos dereitos". "Sen lugar a dúbidas", rematou, "asistimos a uns feitos inéditos, xa que o poder xudicial, a través da xurisprudencia, está a facer unha lectura restritiva das consecuencias xurídicas da oficialidade das linguas propias. O poder xudicial está a facer política lingüística. Por iso, ante ofensivas desa envergadura é unha máis importante esa relación trinacional".

Marcos Maceira Eiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüísitica, incidiu na celebración do centenario do primeiro Galeusca, o acordo tripartito entre entidades culturais e políticas de Galiza, Euskal Herria e os Paises Cataláns, que terá lugar este ano 2023. "Hoxe, diante de Rosalía e de Castelao, exemplos e referencias de compromiso activo coa plena normalización da súa lingua nas circunstancias máis difíceis", afirmou Maceira, "renovamos a vontade de mantermos a colaboración recíproca entre as entidades de defensa das linguas dos 3 países".

Neste sentido, o presidente da Mesa recordou que "a lingua é conciencia e garantía da nosa capacidade colectiva e reflicte perfectamente a confianza en nós propios". "Por iso", rematou, "nengunha forza política ou social que queira representar calquera interese dos pobo galego, vasco ou catalán pode renunciar á defensa e normalización dos seus idiomas. Defendemos as nosas linguas e a súa oficialidade real porque tamén non renunciamos á liberdade".

Despois das intervencións musicais de Uxía e Os Trinquetes, Lucía Barreiro pechou o acto destacando a referencia na loita polas linguas de Rosalía e Castelao e a transcendencia até a actualidade da alianza entre os pobos galego, vasco e catalán para conseguir mudanzas significativas no Estado que contribúan á normalización das linguas.

Enviado por José Antonio Sierra.
Sierra, José Antonio
Sierra, José Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES