Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A esperanza no inferno

lunes, 23 de enero de 2023
A esperanza no inferno Moitas veces aparece algo (un suceso, unha acción, un titular, unha película, un artigo...) que durante uns minutos ou horas che furga e refurga no cerebro ata que tes que amansar esa fera, esa dor, ese recordo botándoo fóra de calquera maneira. Hoxe teño que liberar, teño que descargar sobre o papel a impotencia que sentín vendo o documental "Cascos brancos" (2016), de Orlando von Einsiede, no que se segue a uns voluntarios sirios no seu país que van correndo ó rescate das vítimas que quedaron atrapadas baixo os escombros dos edificios que uns e outros exércitos bombardearon cada dous por tres; no caso do documental, na rexión do Aleppo.

A impotencia que sentía non era tan só polo que vía nese momento, nese filme, porque pensaba que, tal como acontecía iso aí, hoxe mesmo, tales situacións, tales bombardeos acaecen en Ucraína, onde a guerra segue e segue, perdendo incluso xa a noción do tempo que leva. O que xa teño denunciado máis veces: que a temos tan asumida que é xa como unha rutina diaria.

Penso que nas guerras, en todas as guerras, todos somos culpables. Uns porque as fan e os outros porque non as detemos. Creo que se se pon interese e ansia, somos capaces de parar calquera guerra. O interese e a ansia tan só nos asoma cando nos atopamos cunha imaxe, cunha acción, cun documental como o citado no que a conciencia nos manca un pouco. Tan só un pouco; o tempo en saltar a outra película ou o tempo que se emprega nun relato, nun artigo, nunha denuncia que, feita esta, repito, a rutina volve con calma e coa conciencia presuntamente limpa.

Queda o consolo, iso si, de mirar tamén o lado positivo dese documental; o deses voluntarios que deixan ás familias para furgar na masacre cometida polos que, eses si, nunca tiveron nin terán conciencia. Eses voluntarios que se emocionaron cando rescataron a un bebé do máis fondo do inferno. Quen non se emociona con tal escena. Eses voluntarios que son capaces de seguir deixando ás familias para largar un mes a Turquía a facer cursos de salvamento. Porque eles tan só queren salvar vidas. Eles, os Cascos Brancos, son a esperanza no inferno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES