Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 24 de enero de 2023
Contando unha realidade

Dicía o outro día que estaba farto de comentar asuntos ou temas ou accións imposibles ou moi esaxeradas. Tanta esaxeración desvirtúa o efecto, deturpa todo. Non queda outra, entón, que contar realidades que pode acometer calquera. Coma eu mesmo. Como a de hai uns días, cando se me deu por subir e baixar as escaleiras da Pingas de OrballoPonte do Milenio da cidade de Ourense ata que medio rebentase ou rebentase por completo.
Levo xa dous días con tal vicio, con tal acción. A estas alturas, claro está, xa perdín a conta do número de chanzos que levo. Sei, iso si, que empecei a un bo ritmo para demostrarlle á xente que nada me mete medo. Era tal a bravura ou coraxe que levaba comigo que mesmo sorría e saudaba ós viandantes, e mesmo tiña tempo de quedar pasmado ante a potencia das augas do río Miño, que traía unha boa chea polo seu curso.
A xente, por unha vez e sen que sirva de precedente, portábase ben e traíame bocadillos de xamón e cafés. Tan axiña como souberon que o meu era o café, incluso había cola para ofrecerme tal produto. Teño que recoñecer que, foliada á parte, o ritmo de subida, logo dunhas cantas voltas, baixou unha barbaridade. E no de baixada ata tiña medo de esvaecer. Pola noite foi xa cando decidín subir as escaleiras a gatas. Nesa postura sigo porque estou a medio rebentar e non tardarei en rebentar por completo. Sen esaxerar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES