Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Frouseira e Caldaloba no Nadal

lunes, 23 de enero de 2023
No ano que acaba de finalizar, por primeira vez na nosa Historia, felicitouse o Nadal con imaxes da Frouseira e Caldaloba. E ambas andiveron polas redes felicitando estas festas. A foto da Frouseira, que está feita desde a estrada que vai de Ferreira a A Frouseira e Caldaloba no NadalMondoñedo e na que se ven en primeiro plano unhos eucaliptos e ao fondo a pena Roqueira, unha muller da Mariña luguesa escribiulle un texto no pé con letras rumorosas pondalianas e cheas de saudade do Mariscal, que dicían: «Ogallá que os eucaliptos nunca nos tapen a Frouseira! Bo Nadal!». E houbo un poeta vilalbés que recibiu a felicitación e contestou: «Non o farán. A galeguidade sempre foi, é e será máis forte cós elementos». Non hai como un poeta para expresar con poucas e xustas palabras as arelas da alma. Certamente, ningún elemento poderá con ela. Imposíbel, pois nin tan sequera as tropas de Fernando de Acuña e o capitán Luis de Mudarraforon capaces de conquistala despois de dous longos anos de loita e mortes. «Pouco podrán as armas se lles falta corazón», escribiu Miguel Hernández. Foi invencíbel porque desde dentro defendérona con corazón. Só mediante a traizón dos criados do Mariscal poideron chegar a ela e desfacela: «derribada na ribeira que xamais se veu vencida», pon o Pranto da Frouseira. Mais, aí segue, fachendosa, señorial, venteada polo nordés mariñán, agardando que se cobren contas vellas. A Frouseira, compañeiros, a diferenza A Frouseira e Caldaloba no Nadalde Caldaloba, non puido ser conquistada polas tropas dos Reis Católicos por iso é o único pedazo de terra galego ceibe que non puideron someter ao Reino de Castela. Aí perdura aquela Galiza de seu. Aí, aínda agarda a Galiza que puido ser e non foi. Por iso, cada vez agroma máis no corazón desa Galiza que soña. E esa foia Galiza, que levoua dona Constanza de Castro a meterse en Caldaloba. En Caldaloba, esta muller, brava e rebelde, continuou a loita do pai. Outro longo ano máis. Case nada. Catro anos longos costoulles aos Reis Católicos acabar con Pardo de Cela e dona Constanza, que se opoñían a ser subxugados por reis foráneos. E en Caldaloba aínda se mantén parte da torre, desde onde se defenderon estes rebeldes galegos, así como os fosos que a protexeron do ataque encarnizado das tropas de López de Haro, das dos Andrade e Ribadeneira. Dona Constanza convirteunanun símbolo da resistencia dos chairegos e mariñáns, nun símbolo desa Galiza que loita até morrer. Tampouco en Caldaloba as tropas reais foron capaces de vencer a dona Constanza e tomar a torre. Tiveron que envelenarlles as augas para depor a loita, mais a diferenza da Frouseira, na torre de Caldaloba estaban acuarteladas as tropas castelás comandadas por Fernando de Acuña. Xa era una torre entregada ao Reino de Castela. Era propiedade dos Pérez de Viveiro, moito máis que amigos dos Reis Católicos, que casaran no pazo deles de Valladolid e vivironnel un tempo e, ademáis, eran cuñados de Fernando de Acuña, a quen lle deixan Caldaloba para aloxar as tropas, que viñeron desmouchar o noso Reino. Esta torre, senlleira, medio desfeita e esquecida, maisen pé, coma dona Constanza, que aínda aniña no fogar dos chairegos e mariñáns. A súa imaxe serviu este ano para felicitar as festas familiares e fogareñas do Nadal. A Historia de resistencia e sanguenta dun pobo sempre abroia silandeira coma a auga en Fonmiñá. O silencio nunca é sinónimo de esquecemento.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES