Ano prometedor
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de enero de 2023
¿Quen dixo que este ano non prometía?
¿Xa nos esquecemos dos nosos bos desexos para 2023?
¡Claro que promete!
Cada día que nos erguemos con vida é unha invitación con moitas posibilidades para ter un día prometedor.
¿Cómo?
-Sendo amables coas persoas compartiremos a nosa felicidade.
-Se disfrutamos do boa saúde, podemos axudar a outras persoas que precisen da nosa axuda e sentirémonos felices de poder facelo.
-Se nos esmeramos en dar bos exemplos á infancia xa estamos facilitando un futuro prometedor que esas criaturas nos construirán.
-Se nos toca de fundar unha familia estaremos contribuíndo a que o mundo avance con novos seres.
-Nacerán novas criaturas que darán nova vitalidade a esta sociedade un tanto avellentada.
-Os avances da medicina devolverán a alegría a moitas persoas...
-Hoxe pode ser un gran día se aportamos ese pequeno grao de área no deserto da vida.
Un grao de cada un contribúe a crear un oasis de alegría, de bondade, de benestar, de felicidade...
-Hoxe pode ser un gran día para encher de vida a moitas persoas que camiñan ó noso carón.
Sótemos que mirar ever en que podemos axudarlles a medrar.
CADA DÍA TEN AS SÚAS PROPIAS OPORTUNIDADES QUE CADA QUEN DEBE DESCUBRIR PARA REALIZARSE E PARA FACER FELICES ÓS DEMAIS.
-Os nenos en idade escolar teñen a oportunidade de aprender un pouco máis cada día para ser persoas formadas e formais.
-Os universitarios recollerán os froitos do primeiro cuatrimestre e disfrutarán vendo como van acadando os logros que se propoñen.
-Moitas adultos enfróntanse con valentía á costa de xaneiro porque as pasadas festas de inverno prestáronse para gastar moito; pero... Malo será!
-A ancianidade segue estirando a súa pensión e coidando con moitocariño a súa saúde para seguir disfrutando deste maravilloso regalo que é a vida.
-Os que se defenden ben e gozan de boa saúde poden aproveitar para disfrutar, agradecer e axudar no que poidan a outras persoas.
-Os que o están pasando mal non poden perder a esperanza de que veñan tempos de bonanza porque nesta vida todo é pasaxeiro.
HAI OPORTUNIDADES PARA TODOS E DETRÁS DESAS OPORTUNIDADES ESTÁN RAIOS DE LUZ QUE ILUMINAN O NOSO CAMIÑO PARA IR INDO...
Todos imosaprendendonaescola da vida a solucionar os nososproblemas, aínda que a veces coste encontrar a fórmulaaxeitada.
Pero non estamos sós: semprehaialguénónoso carón para axudarnos.
Porque os tempos de bonanza existen, igual que existen os das "vacas fracas".
Os tempos de bonanza deben servirnos para agradecelos e disfrútalos; e os de "vacas fracas" para loitar por superalos.
Naloita está o mérito.
¡QUE NUNCA NOS FALTEN FORZAS PARA CONFIAR NUN FUTURO PROMETEDOR!
Os nosos antepasados loitaron sen perder a esperanza e a esperanza non os defraudou; de feitohoxe en día vivimos, economicamente, moitomellor que os nososavós.
Eso sí: a calidade de vida non só se mide con parámetros económicos, hai algo máis.
"HAI ALGO MÁIS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas por termenasúa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora