Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amigo Don Julio Ladra, quen a soubera cantar!

martes, 17 de enero de 2023
A noite vai coma un río, dixo Cunqueiro. E a vida tamén. "As nosas vidas son os ríos que van a dar cara ao mar", poetizou J. Manrique. A psicoloxía fálanos moito do valor dos significados e do sentido das vidas significativas (Viktor Frankl). "Quen a soubera cantar!".

Quen de nós, nenos da aldea, non xogou desde que naceu coa musicalidade da auga cantareira dun río, grande ou pequeno, que pasaba a carón das nosas casas? Rodicios, cabezolos, rás, patos, enchentes, chapuzas, lavadoiros onde as nosas nais e irmás con tanto esforzo ían lavar todo enxoval semanal da familia ouos bebedoiros para as nosas vaquiñas, cavalos e ovellas!

E as nosas fontes? Sobre todo esa "Fonte do noso Santo ou Santa", onde facemos uns fermosos chafarices, coma o que Don Julio Ladra fixo en Santo André de Teixido. Ou o sinxeliño do "Ánxel", por Reboutas. O de Sant'Alberte e a Pastoriza por terras de Sambreixo e Roca, na Parga do romeiro Díaz Castro. Ou o de Chamorro en Ferrol. E así ata unha innumerabilidade non numerábel.

A hidronimia estuda os nosos nomes mais antigos tomados das augas, dos ríos e das fontes, quen á súa vez as recollen dos nomes dos lugares: a toponimia. "Os patronímicos son nomes propios que designan ascendencia, filiación ou liñaxe. Deben diferenciarse dos xentilicios, denominacións derivadas do lugar de procedencia da persoa ou da súa familia, e tamén dos matronímicos".

Querido D. Julio Ladra López, amigo, compañeiro. Por familia levades un fermoso xentilicio ben nobre, dun nobre río do occidente chairego co que estou familiarizado xa desde neno: o río Ladra.

O Río Ladra é un río caudal, silandeiro, sosegado e silencioso. Recolle as augas do Labrada e do Trimaz nun punto das parroquias de Ladra e Insua e reoriéntaas coidadosamente.

O río Ladra caracterízase por ser un gran servidor. Por onde pasa dá alegría, saúde, hixiene, frescura, e diversión. E tamén pode dar grandes desgustos. E despois de xuntarse co Parga en Pacios de Begonte, fai entrega de vida e experiencias, protagonizadas polos seus ribeiráns, ao pai Miño en Outeiro de Rei onde crea irmandade co Cepelo do poeta Manuel María. E, xa todos xuntos nesa irmandade, van milenariamente camiñando cara á Guarda mareira, alá polas bandas de Tui parafundirsena infinitude do mar Atlántico, coma nun plus-ultra significativo da transcendencia: o Alén.

O Ladra é un río un modélico: recibe, coida e sabe facer entrega de todo canto ten. É un río 'servidor'. A terra conforma aos humanos. Porque estaé a mesma característica da familia Ladra. Algún antepasado deles recolleu ese nome, ese precioso hidro-topónimo, para ir acougar á Corcitaria, en Belesar.

A familia Ladra faille honores e séntese honrada con ese nome tan xeitoso e tan noso. Eles, coma ese río Ladra, son unha grande sinfonía: Familia de excelentes pedagogos, grandes músicos e bos e afinados cantores. E sobre todo boísimas persoas. Levan a beleza, a fe e a esperanza, a solidariedade e a bondade, a música e a poesía no celme da alma e da educación que recibiron rexamente no eido familiar e saben difundila, ensinala e festexala. Música de relax, pacificadora e intimista. Na música os silencios xogan un papel decisivo. Por iso eles son reflexivos e de non moito falar.Tamén hai melodías silenciosas, sen estridencias, de grandeza espiritual. Xente de paz, pacífica e pacificadora. Si. A noite vai coma un río. E a vida tamén. E as nosas vidas son eses ríos que van camiño do mar.

D. Julio Ladra López, (Julio para todos nós), é un digno fillo desta historia, desta terra, desta familia. E souboser creador dunha grande familia por onde pasou á que todos nós nos sentimos vinculadoscon grande emoción e inmensa gratitude. Grandes creadores de comunidade. El fixo ese milagre, SERMOS FAMILIA!: "Cara ti morada santa, cara a ti terra de salvación, peregrinos, camiñantes, imos cara a ti".

E AGORA QUE? A familia Ladra é coma unha sinfonía familiar queben merece un libro revelación, quedescorra os velosde tantos segredos que segardan ben secretos da dignidade e honra comunitaria. As cousas se non se din non se saben e hai cousas que non deber ser esquecidas. "Non deas ao esquecemento", di o himno galego.

Todos eles e elas, por familia,coma o río Ladra, ao pasaren, son creadores de comunidade e de comunidades das boas. Os ríos non separan, unen en identidade e vitalidade as dúas beiras con fermosas pontes.Bendito nome e bendita familia!Que ben é saber sermos creadores de pontes!

E se nos animásemos? A familia e as nosas comunidades onde eles foron auténticos servidores son merecentes dun libro. Algo coral, porque coral é o misterio agochado na gratitude dos corazóns agradecidos na inmensidade silenciosa por onde van pasando como fai o río xentilicio que lles dá nome. Si. Ten que ser algo coral para descubrirmos por fin a fermosura do gran concerto. A familia é merecente dun libro coral. E as comunidades que eles animan e animaron tamén. A mellor homenaxe: "Fálame nesa lingua melosiña que celestiais harmonías ten. Fálame nesa lingua da terriña se é que me queres ben". Porque o que non se di non se sabe. E un pobo que non escribe o de seu, perde a memoria e os valores edeixará de ser e existir como tal no concerto harmonioso da humanidade en cada tempo e lugar.

O día 9 de decembro próximo serían xa 87 anos da vida de Julio. Quixen deixar pasar un tempo para o sosego. Non hai présa. Imos cara lonxe, coma o Sto. André de Teixido. Bo momento para que a memoria non esmoreza. FALEMOS!, pois.

D. JULIO LADRA LÓPEZ. Un bo momento para+IK UNHA MEMORIA BIOGRÁFICA, dentro dunhas comunidades de vida. Tampouco podemos perder ao noso tan benquerido patriarca D. Manuel. "A verdadeira tumba dos mortos é o corazón dos vivos". (Jean Cocteau).

José María,o outro irmán sacerdote, por sorte aínda está entre nós e podemos contarcoa súa palabra de experto zahorí,quen coa súa sensibilidade radiestésica nos di onde manan as augas profundas da humanización e da vida. Pero hai moita máis musicalidade no conxunto da familiaridade de todos, que aínda non pasou ás partituras.

Resulta moi importante, eu diría que necesario, non enterrar conxuntamente na mesma caixa ás persoas cos seus restos mortais. Cadadimensión do nós persoal e colectivo merece a súa honra máis honorábel. As vidas son significativas. E o valor dos significados non morre. Pero podemos matalos coa ingratitude do silenciamento. Sería afogar o sentido. Non perdamos a nosa historia!Honrémola!, para facermos historia real e da boa. FALEMOS!, pois,creativamente. Só se precisa entusiasmo no corazón e un grupiño pequeno operativo que diga: Agora xa!
Unha grande aperta.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES