Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A liña do tempo en Eugenio Montes

lunes, 16 de enero de 2023
As historias de vida de Eugenio Montes foron múltiples, variadas, creativas, innovadoras e sorprendentes. Cando semellaba que o itinerario estaba nítido, por recomendación dun amigo, lin o libro: "La librería del callejón" de Manuel Hurtado Marjaliza. 1.

A ficción e a creación cultural do autor, gardansimilitudes co meu traballo de investigación, principalmente no referente aos escenarios, comportamentos, perfil biográfico e actitudes, que por momentos, no período de tempo, que vai da Guerra Civil Española ata o finalda Segunda Guerra Mundial, as dúas identidades van parellas, o que dificulta separar a vida real dos documentos da imaxinaria do relato do libro.
Eugenio Montes non simpatizaba co fascismo, consideraba a Mussolini un "inxenuo", "Visité a Mussolini, que me pareció un ingenuo, como le dije a Ridruejo, que luego me daría la razón". 2.

O nazismo era a antítese do seu pensamento, coa chegada de Hitler ao poder, era fácil prognosticar o que lle esperaba a vella Europa. Montes estaba de correspondente de prensa do diario ABC en Viena cando axentes nazis asasinaron ao chanceler Dollfuss o día 25 de xullo de 1934. Ese feito marcouno profundamente, por esa crónica recibiu o premio Mariano de Cavia. Despois de pasar case noventa anos, ler de novo aquela noticia comentada, un sente o goce das obras mestras do periodismo.

Eu teño dúbidas se a fusión de identidade ca ideoloxía da "Falange", como en aparencia da a entender, era tan real no fondo como nas formas.

Eugenio Montes, non deixou indicios escritos, que se coñezan de momento, da posible colaboración cos servizos de intelixencia, como lle pasou ao seu íntimo amigo Augusto Assía, a quen librou das consecuencias negativas, inmediatas e certas, cando estaba preso no cárcere de Verín, xunto coa súa muller, por presunto espionaxe. Foi Montes, quen lle facilitou o salvoconduto para que se incorporara a primeira liña do fronte de Asturias, colaborando co exército de Franco e un tempo despois a súa muller para que entrara enEspaña desde Lisboa. Montes fora o seu padriño de voda en Londres.

As preguntas que me xeran curiosidade son:
¿Traballou Eugenio Montes para os servizos secretos do M16 e do Mosad?
¿Que temas trataba nas conversas con Franco?
Estas conversas existiron, aparecen documentadas na entrevista de Joaquín Soler Serrano e na correspondencia con Álvaro das Casas.
[Tuve el honor de que Franco conversase conmigo (...) Yo pienso que Franco creía en pocas cosas. En aquellas sí, muy profundamente. Pero con un enorme margen de escepticismo para las otras. Por eso podía escuchar opiniones que no fuesen las habituales, escucharlas, considerarlas, sopesarlas, y naturalmente luego hacía lo que buenamente le parecía. Puedo decir que conmigo le gustaba conversar (...) a mí no se le ocurrió jamás el disparate de hacerme ministro, pero me daba las primicias de su conversación] 3.

[Tuve ocasión de hablar con el general Franco, que me recibió con una amabilidad afectuosa que nunca olvidaré. Me ha parecido un hombre extraordinario, una especie de Parsifal, o paladín iluminado, con claros ojos intuitivos, rápidos, conscientes y un aura juvenil de amaneceres.

Franco me agregó a su gabinete civil y me encargó ciertas misiones que son las que me hacen residir en Sevilla, donde posiblemente tendré cuartel general, cuartel de otoño mientras no llegue la hora de la victoria última.

Las misiones que se incumben se relacionan con la cultura en el nuevo Estado, y con medidas de urgencia para el funcionamiento, dentro del espíritu de la nueva España, de Universidades, institutos, prensa etc.
No puedo escribirte más.] 4.
¿Que incidencia tiveron esas informacións para que Franco non entrara na guerra e se mantivera neutral, a pesar das presións da maioría do seu goberno, en especial de Serrano Suñer, e dos inmensos favores que lles debía tanto aos nazis como aos fascistas?

Montes coñecía moi ben as políticas europeas, estivo nos escenarios dos feitos como correspondente de prensa en Londres, Berlín, Viena e Roma, ademais as súas viaxes eran frecuentes por Europa e América.

¿Cal foi o verdadeiro motivo do retraso de Francona entrevista de Hendaya con Hitler o día 23 de outubro de 1940, así como a ambigüidade do seu compromiso de alianza?

O fondo documental, principalmente epistolar, que Montes intercambiou cos intelectuais, de diferente signo político ao longo da súa vida, permitiume analizar textos manuscritos, tanto no seu tempo como no seu contexto. A través da análise grafolóxica da súa escritura, en ningún dos numerosos documentos, asoman indicios que se poidan asociar á violencia, autoritarismo, sectarismo, odio, rancor ou superioridade. Todo o contrario, temos a radiografía dunha persoa equilibrada, tolerante, culta, prudente, centrada, intelixente, coherente e bondadosa.

Os seus escritos apórtanos datos fiables desde diferentes ángulos e perspectivas, que con facilidade podemos transformar en información contrastada e valiosa. Debemos deixar que falen os documentos, así evitamos as suposicións, que con tanta facilidade nos levan axuízos erróneos, apreciacións falsas e a diagnósticos equivocados, que con frecuencia escoitamos e lemos sobre Eugenio Montes.

Esa discrepancia entre o "dictum" e o "factum", é dicir, entre o dito e o feito, en parte débeseaos prexuízos cos que se pretende analizar, desde unha perspectiva ideolóxica asúa figura.A modo de filtro, aparece unha memoria selectiva, cun forte sesgo, que leva a analizar os acontecementos, sen disociarse deles, o que impide descubrir todas as variables independentes, e poder diagnosticar con precisión feitos, escenarios e acontecementos, no seu contexto, modo e tempo.

Ese inmenso caudal de información vainos mostrando a sabedoría dun home traballador, prudente, nobre, agradecido, brillante e xeneroso, de mente áxile de memoria prodixiosa. Grande era a súa capacidade de retención, de almacenamento, de recuperación e de relación. Nos seus escritos, as citas precisas e oportunas eran frecuentes eo seu saber de forma sutil ía ilustrando aos lectores.

Montes foi un políglota digno de admiración, coñecía as linguas clásicas, ademais do latín, dominaba o portugués, italiano, alemán, inglés, francés, español e galego. Na súa estancia en Roma, dedicouse a estudar en profundidade o grego e o hebreo.
[Yo ahora le hago al ABC un artículo cada día, en forma de corresponsalía de Roma. Conservo la Dirección de este Instituto y además estoy escribiendo sobre Filosofía e Historia Griega - pero por entre los hexámetros homéricos asoma Galicia constantemente. Todos esos años pasados he estudiado seriamente el griego y el hebreo en el Instituto Bíblico Romano. Y estoy lleno de ideas sobre la antigüedad. Demasiadas cosas. Pero los gallegos somos mozos de cuerda, un mozo de cuerda cuanto más se echa sobre los hombros más contento está.
En el fondo es no querer envejecer, querer engañarse demostrándose uno a si mismo que sigue siendo joven. Y es querer morir rico. Trato de encuadernar en oro la ancianidad que se nos viene encima] 5.
O hábito de estudo, que comezou adquirindo, cando era un neno, coidouno durante toda a súa traxectoria vital. As bibliotecas eran os seus lugares preferidos de estudo e de consulta, testemuñas mudas desas longas e continuadas estancias foron de modo especial a do Ateneo de Madrid e a do Vaticano. Mágoa que se perdera o enorme legado que con frecuencia comentaba que ía publicar, tiña documentada a procedencia en Celanova da liñaxe de Miguel de Cervantes Saavedra.
[Te hubiera sorprendido que ahí anuncié que tanto los Cervantes como los Saavedra proceden de Celanova. Desde allí una rama se fue a la conquista de Toledo. (lo cuenta ¡¡Juan de Mena!!!)] 6.

Sen solicitar nada a cambio, axudou ás persoas de diferente ideoloxía, moitas das veces, a pesar das inmensas adversidades, a modo de exemplo temos documentado a súa implicación para rehabilitar a Otero Pedrayo, evitou que depuraran a Vicente Risco, interveu a favor de Cándido Fernández Mazas cando estaba no cárcere de Valencia, evitou as nefastas consecuencias que lle esperaban a Augusto Assía e a súa muller, cando estaban no cárcere de Verín, rehabilitou a Ernesto Halffter, como catedrático do Instituto de Lisboa e ao cuñado de Manuel Azaña, Cipriano Rivas Cherif, cando estaba a pasalo francamente mal, no Madrid dos anos da posguerra, mediou para que o nomearan director do teatro Lara.

A liña do tempo marca os fitos da súa evolución ideolóxica.

Ano 1922. Correspondencia con Melchor Fernández Almagro
Na comunicación con Melchor Fernández Almagro, móstrase un mozo formado, con ideas de esquerdas, que quere mudar o mundo, ao tempo que xa asoma o seu distanciamento coas figuras senlleiras do galeguismo.
A carta que escrebe no papel timbrado do café Victoria de Vigo.o día 1 de setembro de 1922, é unha magnífica creación literaria. A visión dinámica da mesa branca do café, con tanto talento xunto: Portela Valladares, Basilio Álvarez, Castelao, Cándido Fernández Mazas, Manuel Lustres Rivas e Ramón Cabanillas, representaba o máximo privilexio, ao poder gozar daquel momento máxico, en cambio, Montes, en plena efervescencia ultraísta, percibe un relato obsoleto, rancio e caduco, produto dos tempos idos, que non cumpre coas súas expectativas, e que o leva ao tedio e ao aburrimento. 7.

Ano 1928. Correspondencia con Eduardo Blanco Amor
Na carta que lle escribe desde o Rice Institute. Houston - Texas U.S.A, o día 27 de novembro do ano 1928, xa se fai efectivo aquel primitivo pensamento de distanciamento.
[Contra ese Taine citado en serio, contra esa hispanofobia un poquito infantil, contra ese partidismo comarcal que yo te perdono, porque está inspirado por la nostalgia, pero que no te perdonará la verdad]
[Interpreta bien mis reproches a tu galleguismo cantonalista y decimonónico, escrito sobre un libro "The way of Saint-James" by Georgiana G. King, que estoy leyendo con emoción semejante a la que habrás tenido al ver el puente mayor de Orense] 8.

Ano 1930. A ruptura dos novos con Montes
Este proceso lento e irreversible de distanciamento político e lingüístico culminou coa ruptura dos "novos" en 1930 con ocasión da presenza de Montes na xuntanza de intelectuais casteláns que se reuniron en Barcelona nun acto de desagravio á lingua catalá.

Ano 1931. Candidato socialista
Montes presentouse como candidato socialista ás eleccións constituíntes de 1931 por a provincia de Ourense, acadando un discreto resultado.

Ano 1931. Correspondencia con Otero Pedrayo
Na carta manuscrita do día 5 de agosto de 1931, co papel timbrado de "Nueva Pensión", amosa o seu descontento e a súa preocupación por o clima político, a tensión, a violencia e a quebra das expectativas que tiña postas na República. Montes empezaba a visualizar a bomba explosiva, que se estaba activando, e que tanto dano anunciaba. Desgraciadamente esa profecía cumpriuse, a tensión foi en aumento, golpes de Estado, asasinatos, expulsións, depuracións, cerre de medios de comunicación, ata chegar a Guerra Civil do ano 1936. Cántas mortes inocentes, canto sufrimento, se podería evitar cunha actitude racional, serea, armónica e xusta.
[A min preséntaseme toda España como unha cousa explosiva. Foi explosivo o artigo de Filgueira Valverde no número de Saint-Yago e por eso protestei de il hoxe no Sol. E, explosiva, agora, a reacción contra a anécdota do banquete da Bombilla e por eso quisera protestar, tamén].
[Por riba das pasios que axitan España eu quisera estar n-unha actitude racional, serea, armónica e xusta] 9.

Ano 1933. Publicación en Acción Española.
O profesor Barreiro Fernández, marca como fito determinante da súa posición ideolóxica, aprimeira publicación en Acción Españolano ano 1933, "para os que seguían atentamente o seu currículo, aparece a firma de Eugenio Montes no nº 22 (I-II-1933) nun breve artigo na revista Acción Española (AE), revista que era o laboratorio doutrinal do integrismo español".

Ano 1936. Traballa para o Goberno de Burgos
Co golpe de estado de xullo de 1936, posicionouse ao lado de Franco, co Goberno de Burgos e puxo a súa disposición o seu tempo, a súa entrega e o seu talento.

Ano 1937. Correspondencia con Filgueira Valverde
Na carta que lle enviou Montes a Filgueira o día 7 de febreiro de 1937, desde o Gran Hotel de Zaragoza, relátalle como foi lendo o seu libro, "La cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval", e as andanzas a través do territorio. A modo de trapeiro do tempo, foino lendo, nos intervalos que lle permitía esa intensa actividade, na que fai un paralelismo co texto do libro:
[todas las carreteras ibéricas -y todas las fondas-, en esta incesante cruz de urgencias y de automóviles a que las circunstancias me obligan. Lo fui leyendo en el cortado y breve vagar que me dejaban los itinerarios, (...)]
[Sintiendo no poder beberlo de un lento, largo y continuos sorbos como el monje de la leyenda sorbía siglos, en una golosa eternidad de gota en gota]10.

Ano 1937. Nomeado Director do Instituto Español de Lisboa
O BOE número 150, do día 19 de marzo de 1937, publica o nomeamento de Eugenio Montes, "Director del Instituto Español en Lisboa y titular de sua signatura en el mismo centro docente. Permanece nese cargo ata o nomeamento de director do Instituto Español en Roma.

Ano 1938. Emisario cultural de España por países americanos.
Eugenio Montes foi un dos intelectuais escollido polo réxime de Franco, para transmitir a visión positiva do novo Estado que se ía consolidando.
Na carta que escribiu a Eduardo Marquina desde o Hotel Crillón de Santiago de Chile o día 30 de xullo do ano 1938, detalla os éxitos das súas conferencias e os países onde as impartiu: Perú, Panamá, Cuba, Arxentina e Uruguai
[Ya lo sabes: me voy por el Pacífico, con Samuel Rosal lado. El destino no quiso que coincidiésemos en los caminos del mar, como quiso, en cambio que coincidiésemos, y colaborásemos -porque para nosotros el camino es jornada-, en los caminos de la tierra en América, y en las encrucijadas de Buenos Aires. Amor fati, decían los antiguos, aquellos romanos que tú y yo queremos.] 11.

Ano 1954. Director do Instituto Español de Roma
No ano 1954 Eugenio Montes cesou do cargo de Director do Instituto Español de Lisboa para incorporarse ca mesma responsabilidade no Instituto Español de Roma, escasa recompensa a excelente labor feita ao longo de dezasete anos.

Ano 1971. Xubilación e nomeamento de director honorario.
No ano 1971 pasa a situación de xubilado, e queda no Instituto como Director Honorario. Comeza de novo a traballar de correspondente do ABC e inicia as colaboracións en Televisión Española e Radio Nacional, con temas de historia, arte e literatura, onde o mundo clásico e o romanticismo van e ven de Italia a España e de España a Italia, que narrados por Montes, semella que acaban de acontecer ou mesmo están acontecendo.

Ano 1977. Traslado a Madrid
A estancia en Roma finalizou no ano 1977.

Ano 1978. Discurso de ingreso na RAE e nomeamento de académico de Belas Artes.
En xaneiro de 1978, con notable retraso, leu o discurso de ingreso na Real Academia sobre: "El romanticismo de los clásicos", o 30 de outubro é nomeado Académico de Belas Artes. O discurso de ingreso: "Miguel Ángel en el jardín de los Medicis", foi lido o día 29 de xuño de 1980".

Ano 1982. Falecemento
O 13 de xaneiro de 1979, sofre un hematoma cerebral e o 28 de outubro de 1982, falece en Madrid.

Fóisenos o intelectual, erudito, culto e nobre, o gran comunicador. Afortunadamente a súa obra quedounos para aprender e gozar dela, agardando o momento, no que se estude sen prexuízos, tics sectarios e con madurez intelectual, tendo en conta o seu tempo, o seu modo e o seu contexto. Eugenio Montes foi un Polymath, fillo da terra, a que amou con paixón, orgullo de pertenza e devoción.

Merece ter a mesma estima e recoñecemento, como os intelectuais galegos e do resto do país, que tiveron similar traxectoria política: Álvaro Cunqueiro; Filgueira Valverde, Wenceslao Fernández Flórez; Torrente Ballester; José María Castroviejo; Camilo José Cela e Moure Mariño. A nivel español, son de destacar Dionisio Ridruejo; Luís Rosales; Antonio Tovar; Laín Entralgo, o cineasta García Berlanga e o psiquiatra Castilla del Pino.

NOTAS:
1. Hurtado, M. (2016). La librería del callejón. Madrid. La esfera de los libros.
2. JoaquínSolerSerrano. "Mis personajes favoritos", Eugenio Montes, nº 75, p.600.
3. JoaquínSolerSerrano. "Mis personajes favoritos", Eugenio Montes, nº 75, p.600.
4. Carta de Eugenio Montes a Álvaro de las Casas desde o hotel Cristina de Sevilla o día 26 de setembro de 1938. Ver o apartado da correspondencia con Álvaro das Casas.
5. Correspondencia con Eduardo Blanco Amor.
6. Correspondencia con Eduardo Blanco Amor
7. Correspondencia con Melchor Fernández Almagro.
8. Correspondencia con Eduardo Blanco Amor
9. Correspondencia con OtroPedrayo
10. Correspondencia con Filgueira Valverde
11. Correspondencia con Eduardo Marquina.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES