Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caldaloba, novamente

martes, 17 de enero de 2023
O mércores, día 11,o xornal do Progreso dábanos a noticia de que por iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da man de dona Maite Ferreiro, acababa de pór un panel informativo en Caldaloba, no que se recolle a importancia histórica desta torre. Tamén se nos di que é o primeiro paso dun proxecto para recuperar, consolidar a torre e a súa contorna. Millóns de parabéns. Recuperar Caldaloba debe ser una prioridade dos nosos dirixentes e Institucións polo que supón manter viva a nosa Historia. Recuperar Caldaloba é recuperar unha parte importante daquel Medioevo turbulento do noso Reino e, sobre todo, dunha muller valente, baril e vigorosa: dona Constanza de Castro. Galiza, A Chaira, coas súas Asociacións que abandeiraron a memoria da torre, Mondoñedo e a Mariña lucense están, pois, de noraboa. Nestes sitios desenrolouse esta historia. A bo seguro, dona Constanza presenciou a degolación de seu pai, don Pero Pardo de Cela, e do curmán, Xoán Núñez Pardo, á beira da catedral mindoniense. E dinos Vasco de Aponte que degolados pai e fillo, «aconsejáron le furtar Vilaxoán». E alá se foi de Mondoñedo a Caldaloba co seu home, Fernán Ares de Saavedra, e quizais pasando polo pazo de Miraz para recoller os seus vasalos e meterse na torre. Ela, que viviu sempre entre nobres: primeiro cun Osorio e despois cun Saavedra; ela, que podía seguir calcetando no salón do pazo de Mirazou tomando o sol na súa solaina. Mais, meteuse en Caldaloba para vingar o asasinato do seus, O Mariscal e curmán, e así poder recuperar o patrimonio familiar, que lle fora incautado. E alí estivo máis dun ano loitando contra as tropas dos Reis Católicos e as dos seus correlixionarios, os Andrade e Ribadeneira. E non poideron con ela. Non puideron con eles. Non foron capaces de conquistar a torre e acabar con dona Constanza e os seus. Houbo mortes e feridos, só quedaron catro, que se non fora por Diego de Andrade, pasábanospolas armas. Tiveron que envelenarlles as augas e vencelos desta maneira. Foi o fin da «doma» do noso Reino. Por iso, Caldaloba convirteuse nun símbolo da resistencia duns galegos mandados por una muller, que se resistiron a ser sometidos polo poder dun Reino alleo: o de Castela. E aquí, en Caldaloba, quedou a loita, o sofrimento e a norte dunha muller e dunha Galiza que loitaron até dar o último alento. Caldaloba é un testigo silandeiro desta cruel e apaixonante historia dun Reino que ficou con dona Constanza. Por iso, ista torre e a súa contorna deben ser reconstruidas e protexidas, que non é máis que protexer o que fixeron os nosos antepasados por manter esta Terra verde e azul, cor este da nosa bandeira.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES