Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (41)

viernes, 13 de enero de 2023
Primeiro documento Valuro do ano 1534

O documento máis antigo que coñecemos e no que se sitúa A Valura ou Valuria é das Montañas Valuras, hoxe descoñecidas, aparece nun documento relacionado coa igrexa de Lugo, concretamente co bispado desta cidade e do ano aproximado de 1534.

O documento comeza tratando a Martín Tristán Cahuete, natural de Pastrana, A misteriosa e incógnita Valura (41)Guadalaxara. Inquisidor de Zaragoza que serviu á emperatriz Sabela de Portugal, cónxuxe de Carlos V, ao que saíron a recibir os dous cando o Emperador viña vitorioso de Alemaña na loita contra o exército da Liga da Esmalcalda, formada polos estados luteranos.

A emperatriz, Sabela de Portugal, con motivo deste acto, presentoulle o emperador a Martín Tristán Cahuete e recomendouno para o cargo de bispo de Lugo.

Sendo xa bispo en Lugo, o sacerdote provisor do bispo, Alonso de Mazo, en 1534 uniu a mesa Capitular, -que era o patrimonio comunal vinculado ao cabido catedralicio- á Capela de San Froilán, coas súas rendas e con carga de misa todos os venres por Gómez García de Gaioso, o seu fundador, e outra misa cantada e con responso para ofrecer o día de San Froilán.

Este bispo, Martín Tristán Cahuete, tratou de abrir o sepulcro de Santa Froila, nai de San Froilán pero pensándoo mellor e por respecto á santa, deixouno...

No tempo deste prelado e no ano 1536 sucedeu un útil embuste que así lle chama Cepeda de Juan de Saavedra, no que xa o mesmo nome nos leva ao escudo dos Saavedras e ao seu lugar de orixe. O citado documento segue dicindo que é veciño de Córdoba pero natural de Galicia de las Montañas de la Balura.

O citado valuro, Cepeda de Juan de Saavedra cóntanos que o bispo finxiu ser Legado do papa Paulo III (1486-1534) e puxo o Tribunal da Inquisición en Portugal.

O Legado papal era un representante do papa que este enviaba a soberanos e a A misteriosa e incógnita Valura (41)gobernos como o seu representante para tratar os asuntos que o papa lle formulase, e este bispo, Martín Tristán, finxindo ser Legado papal, puxo o Tribunal da Inquisición en Portugal. Hai que pensar que este bispo coñecía moi ben este tema por ser antes inquisidor en Zaragoza.

Isto era unha soberana mentira porque o Tribunal da Inquisición estaba en Castela desde o tempo en que os Reis Católicos o instituíron no ano 1478.

O documento é moi importante porque nos reflicte claramente o lugar onde naceu Cepeda de Juan de Saavedra, lugar descoñecido hoxe para os habitantes da Valuria, mais é de supoñer que nalgunha das montañas que cerran a Valura ou a Terra Chá. Observamos, así mesmo, como o citado nobre leva o nome de Valuro con honor e con honra debido posiblemente a que aínda por entón as xentes non nomeaban "valuro" aos esmoleiros e á xente de mal vivir, que, como xa dixemos, eran os menos, mais que outras xentes se encargaron de que este nome fose denigrado.

Transcribimos agora o documento con algunha mellora para o seu entendemento:

Título.- LVIII
De Martin Tristan Cahuete escribe Gil González, su patria fue Pastrana, Colegial de S. Cruz de Valladolid, Inquisidor de Zaragoza, sirvió á la Emperatriz, cuando salió á recibir a su Esposo victorioso en Alemania, presentolo el emperador para Obispo de Lugo. Su Provisor Alonso de Mazo con especial poder suyo año de 1534, unió a la mesa Capitular por causa de pobreza la Capilla del Señor S. Froilán con sus rentas, con carga de vdd Missa todos los viernes por D. Gomez Garcia de Gaioso su fundador, y otra cantada con responso dia de S, Froilán, y se dice el dia de la octava de su Capilla. De este prelado hai memoria en papeles de los años de 1536,1538- segun Fr. Athanasio de Lobera-. Este obispo trató de abrir el sepúlcro de Sancta Froila, madre de san Froilan, y por justos respectos lo dexó.
En tiempo de este Prelado año de 1536. Sucedió el util embuste asi le llama Cepeda de Juan de Saavedra vecino de Cordova, y natural de Galicia de las Montañas de la Balura. Fingiose Legado de Paulo3. Y puso el Tribunal de la Inquisición en Portugal, segun lo estava en Castilla desde el tiempo en que los Reyes Catholicos lo instituteron en España año de 1478.


Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTA:
EL NORTE DE GALICIA: Diario político y de información. Nº 889. (08/02/1904).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES