Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cromos e as estampas

jueves, 12 de enero de 2023
A finais dos sesenta e nos setenta agromaron as asociacións culturais polo país adiante. Facíano todo porque non existía outro tipo de cultura. Recitais de poesía e música, conferencias, exposicións...

Nese momento as galerías Sargadelos (esa creación de Díaz Pardo) eran a mostra de Os cromos e as estampascomo unir o comercio e a cultura, das tendas librarías onde se vendían as cerámicas e os libros, que contaban cun espazo para exposición e salón de actos onde realizar presentacións, mesas redondas e todo tipo de actos.

Nos anos oitenta, a administración fíxose cargo da cultura, creou as casas da cultura, foi poñendo en marcha as bibliotecas e foi deixando as asociacións sen contido. Ou máis ben, o asociacionismo delegou nas institucións. Non sei se pensar que foi unha trampa ou unha evolución normal dos tempos. Á cidadanía non lle faltaba papel, nunca lle faltou, tiña un rol -de querer asumilo- no acompañamento crítico desa construción necesaria que era responsabilidade institucional. Pero o que pasou é que quedou desactivada a cultura de base.

Tivo que pasar tempo para que se recuperara...

Agora, centrémonos na actualidade. O que eu vexo é unha deixamento de funcións de case todas as organizacións que, en lugar de facer aquilo que aparece como misión nos seus estatutos, se poñen na situación de realizar actos culturais soltos, simples, como quen entrega estampas na porta da igrexa ou cromos na saída da escola. Óptase pola distracción, por facer para que se vexa que fas (así podes xustificar as subvencións) mais sen que iso convulsione dalgunha maneira a sociedade, sen que a cultura realice os fins que lle son propios. As institucións publican os libros que poderían sacar á luz as editoras, realizan exposicións que poderían levar a cabo as asociacións... pero non se fan cargo do que lle é propio: manter as infraestruturas, programar congresos e festivais imprescindibles; levar a educación, a alfabetización mediática e informacional a todos os ámbitos da sociedade... Nin uns nin os outros se fan cargo do que deberan, os Ateneos non debaten para crear cidadanía activa, as asociacións de antigos alumnos/as non traballan a fondo a relación da universidade coa sociedade nun camiño bidireccional e frutífero, as de pensionistas non se ocupan (máis alá das pensións) da defensa da sanidade, da reclamación de residencias dignas ou de atención con responsabilidade a maiores en entidades bancarias ou na administración, as institucións repiten o que realizan as asociacións... cando nos despistamos todos están facendo o mesmo: roteiros, conferencias, visitas a exposicións, actividades educativas... é dicir, cromos e estampiñas, e mentres tanto, o fundamental queda sen facer.

Sería necesario un debate que implique todo esta armazón social e cultural para que entre todos e todas abramos camiños que deben conducirnos ás metas que precisamos.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES