Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solucions sicolóxicas

miércoles, 10 de diciembre de 2008
Costa abaixo e sen frenos parece ir a situación económica, sen que ninguén acerte coa fórmula axeitada. E cada nova acción, en lugar de recibir a reacción agardada, é contestada cunha nova alteración da bolsa, cunha caída do emprego ou co incremento do pesimismo que nos invade.

Por parte do goberno da nación, desde aqueles catrocentos euros dos tempos electorais, ata as medidas do Plan de activación económica levamos recorrido moito pero camiñado moi pouco. Veñen 8.000 millóns para os concellos, 600 para medio ambiente máis outros investimentos notables, o Ico vai ofrecer dezanove mil millóns de euros, e vanse investir cincuenta mil millóns na adquisición de activos bancarios.

Pero todo soa a música celestial, a ruído da máquina de facer cartos para arreglar ou maquillar as contas das entidades bancarias e de aforro, e nada se nota a escala local ou básica do contribuínte medio que precisa dun creto para facer funcionar a súa economía doméstica, ou o pequeño empresario que non chega a fin de mes.

Por fin, o Banco Central Europeo baixa os tipos de xeito ata agora inédito, e nin así.

Parece como se un equipo médico “habitual” estívese tratando a un enfermo sen saber exactamente cal é o seu mal, proporcionando todo tipo de remedios que existen na farmacopea económica, sen que dea resultado.

Vai ser que o enfermo ten pouco o nada de mal físico e o seu é sicolóxico -da cabeza, dicíase antes neste país- e para eso o mellor tratamento só o pode impartir o propio enfermo, baseado en influencias exteriores.

Ou sexa, que alguén nos ten que tranquilizar e animar para seguir traballando, consumindo, investindo e gastando. Alguén con autoridade. Mentras esto non suceda, non temos amaño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania