Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para o ano novo

Agís Villaverde, Marcelino - lunes, 09 de enero de 2023
Auguste Comte, un filósofo positivista francés do século XIX, escribiu que coñecer o pasado non só permite comprender o presente senón que tamén albiscar as claves do porvir. Atrévome a compartir algunhas hipóteses sobre como se pode desenvolver o recentemente inaugurado ano 2023.

Será un ano electoral no que se celebrarán eleccións municipais e autonómicas en comunidades non históricas o 28 de maio; e, eleccións xerais, como moi tarde o 10 de decembro, se o presidente do goberno decide esgotar a lexislatura. A miña percepción é que en España chegou ao seu fin un ciclo político, quizais antes do previsto, polo deterioro institucional e o desgaste do goberno de coalición. Algo que tamén afectará, aínda que en menor medida, ás eleccións autonómicas e municipais.

A guerra de Ucraína é outro dos problemas que en 2023 debería atopar un desenlace que poña fin á carnicería e destrución que está a provocar. Putin fracasou nesta guerra lóstrego deseñada para someter ao goberno ucraíno, pero necesita unha saída que só chegará cunha paz negociada. Outras alternativas, como a retirada de Rusia ou a deposición de Putin, son actualmente solucións pouco probables.

A crise enerxética continuará, pero ciencia e industria traballarán da man para buscar novas enerxías. Este ano asistimos á frenética carreira das marcas de automóbiles para buscar alternativas aos motores de combustión. Non é unha transformación que se produza dun día para outro, pero veremos cambios na nosa vida cotiá.

O cambio climático xa mostrou os seus efectos, aínda que as medidas para combatelo son tímidas. Peter Drucker dixo que a mellor forma de predicir o futuro é crealo. Pois fagámolo con sentidiño.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES