Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 05 de enero de 2023
Clarividencia

Clarividencia, me dixeron. A min, que adoito ver todo escuro. Polo día asoman os soños nocturnos e pola noite xa é noite... pecha. As nubes, no mal tempo, son todas escuras. No bo tempo... deixémolo estar. Clarividencia, e o chocolate escuro. Escuro é o Pingas de Orballo consolo triste e o berro seco. Escuro é o ruído que rebenta e os sentimentos cegos.
Clarividencia, me dixeron. A min, que sempre escribín sobre as follas brancas dun caderno e que nelas esgacei ideas, opinións e dicires que ninguén se atreve nin a murmurar; moito menos a rosmar. Son claro coma un asubío morriconiano e como o ouleo potente, inmenso e bonito do lobo. Son claro coma o día que clarexa e como a pinga de orballo nunha xesta.
Clarividencia, me dixeron. A min, que son máis claro cá auga e mesmo máis claro cá clara dun ovo. E toda a escuridade que vexo deixo que a claree a ilusión dun recordo, de todas as lembranzas de hai un tempo. A clarividencia da escuridade está no reflexo dese sentimento que se ve a través do pequeno bafo dun espello. Hai luz na fin do túnel, adoitan dicir. Haina. Como hai esperanza no imposible da realidade ou na realidade do imposible. Sempre hai esperanza.
Clarividencia, me dixeron. A min, que vivo do conto. E do que non conto. A min, que tras a capa de escuridade que pinto, se furgo, se raño, se escaravello, se fochico sempre aparece a claridade, o branco, a lucidez.

Alá Fun!

Hai xa uns días que lles dixen ós meus que cando morrese me puxeran o seguinte epitafio: "Alá vas! Escribe o que vexas". Acabo de ir e, maldita sexa, non vexo nada. Tan só escuridade. Non vexo, pero si sinto. Sinto que me fun e, fóra de catro gatos, digamos familiares, a ninguén se lle acabou o mundo porque me fora. O camiño é escuro pero sentín claramente como os vermes empezaban a facer das súas. Pingas de Orballo Por pouco tempo, grazas a Deus, pois como teño pouca carne, logo chegaron ós ósos. E nos meus non rilla calquera bicho.
Como o cranio aínda é moito máis duro de roer, seguen aí medio aletargados algúns recordos. Algúns recordos do meu pasamento, digo. Como que lles insistira ós meus que me enterraran baixo o son da banda sonora de "Baixo o fogo", de Jerry Goldsmith. E que me puxeran sobre o peito algún libro de lectura. Por se aquel.
Por se había vida no máis alá e tiña opción de facer algo. Nin morto me quero aburrir! A ver, en principio non hai nada. Xa dixen: só escuridade e silencio. Silencio moito. Escuridade aínda máis. Os vermes metían algún ruído cando o intentaron cos ósos. En principio nada, pero... e se pasados uns días hai algo? Se máis alá do infinito aínda ruxo un pouco? Se o meu pasamento só foi un instante de dúbida, un lapso de existencia? Non, o que foi xa foi. E non hai volta. Pouco máis podo dicir; que alá fun e que escribín o que vin, perdón, o que sentín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES