Trátase de tomar conciencia
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de enero de 2023
Todos vemos como pasan as follas do calendario, aínda que non pasan á mesma velocidade para todos.
- Para os que teñen que pagar, pasan moi rápido.
- Para os que teñen que cobrar, pasan moi lentas.
- Para as persoas que pasan períodos de bonanaza, pasan sen darse conta.
- Para as persoas que pasan estreituras, fanse eternas.
- Para as persoas que gozan de boa saúde, pasan voando.
- Para as persoasdoentes, tardan moito en pasar.
A realidade é que o tempo pasa para todos.
Eso dicimos habitualmente, pero...
¿QUEN PASA: O TEMPO CRONOLÓXICO OU NÓS?
A min paréceme que o tempo permanece, aínda que pasen as follas do calendario que o miden dalgún xeito.
OS QUE PASAMOS SOMOS NÓS.
¿Ou non?
A min paréceme que se nos regala un espazo de tempo para que teñamos a oportunidade de poñer a producir os talentos que recibimos gratuitamente.
Sen pedirnos permiso, un bo día chegamos a esta vida nunhas determinadas condicións, cuns determinados talentos que non se compran nin se venden: sencillamente, recíbense gratuitamente.
Nese momento, ou quizais antes, empeza a contar o noso tempo:
- Un tempo precioso.
- Un tempo único.
- Un tempo irrepetible.
-Un tempo para desenrolartódalasnosascapacidadades.
-Un tempo para ser felices.
TRÁTASE DE TOMAR CONCIENCIA SOBRE COMO EMPREGAMOS O NOSO TEMPO DESDE QUE TEMOS USO DE RAZÓN.
Afortunadamente haimoitísimaspersoasexemplares á hora de tomar conciencia:
-Persoas que alimentan a súa vida física como sotén dasúa vida intelectual e espiritual.
-Persoas que alimentan a súa mente con coñecementos que enriquezan a súa vida cultural, académica, económica, moral e social.
-Persoas que son conscientes de que ademais de materia taménson espírito, tamén son conciencia, taménteñen alma.
-Persoas que son conscientes de que todos temosunha parte espiritual, que os criatiáns chamamos alma, aínda que nunca a poidamos ver nin tocar.
Esa alma procede de quen nos dá o alento de vida, de quen nos mantén con vida.
Unha vida que non morre porque é espirito.
Ese espírito que permanece aínda que o corpo teña unha data dedecaducidade.
-Persoas que son conscientes do que significa: TER CONCIENCIA.
TER CONCIENCIA E ACTUAR EN CONCIENCIA É DE VITAL IMPORTANCIA.
Hai moitísimaspersoas de tódalasidades que actúan en conciencia:
-Criaturiñas que saben comportarse porque neceron no seo dunha boa familia e máis porque lles nace a bondade no seu corazón.
-Estudiantes marabillosos que respectan ó profesorado e aproveitan canto poden para adquirir unscoñecementos que lles permitan ser persoas de proveito o día de mañá.
-Pais e nais de familia que educan en valores ósseus vástagos porque saben que os valores serán a principal chave para abrir as portas do éxito na vida.
-Pais e nais de familia católicos que educan ósseusfillosna fe católica, porque saben que destamaneirasempreteránunha luz que os guíe.
-Profesorado que, ademáis de instruír, educa porque ama ó alumnado.
-Personal sanitario que se desvive por aliviar as doenzas e favorecer a calidade de vida dos pacientes.
-Sacerdotes e relixiosos católicos que predican e actúan conforme óEvanxeo, facendo un gran ben á humanidade; aínda que non semprelles sexadebidamente recoñecido o seu labor, igual que lles pasa a outrasmoitaspersoas de distintas profesións e oficios.
-Personal de orde pública que vela pola nosa custodia, favorecendo que poidamos ir pola vida con certa seguridade.
-Empresarios que favorecen a vida laboral dos seustraballadores.
-Traballadores que toman conciencia da responsabilidade de sacar a empresa adiante.
-Persoas que traballan toda a noite para que outraspoidamos dormir e ter ó día seguinte o que precisamos.
-Etc, etc
¿QUÉ TAL SE LLES PEDIMOS ÓS REIS MAGOS, NESTA NOITE MÁXICA, UNHA BOA RACIÓN DE CONCIENCIA RECTAMENTE FORMADA PARA MELLORAR O MUNDO?
Se os Reis Magos se portan ben, pode que mellore o país.
E, se mellora o país, melloraremos todos e cada un de nós.
ESO ESPERAMOS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas por termenasúa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora