Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversario: 40 anos de asociacións veciñais

martes, 09 de diciembre de 2008
Esta semana fai 40 anos desde a fundación e legalización das chamadas Asociacións de Veciños. O seu papel durante o tardo franquismo e a transición pareceu moi insignificante, foi, en realidade unha cousa importante e significativa.
De principio estas asociacións aínda sen legalizar, algunhas con outro nome usando as trampas legais, naceron no seo das grandes cidades industriais, como Madrid, Barcelona (onde estaba o prestixioso urbanista Jordi Borja, que tiven a honra de coñecelo cando asistín en Madrid a un curso sobre asociacións nos anos 70), ou Bilbao. Os seus asuntos legais de fundación, legalización e asesoramento, foron levadas desinteresadamente e desde un punto de vista altruísta por avogados laboralistas afiliados a algúns sindicatos de clase (daquelas datas ilegais), en especial a CC.OO que eran os que máis implantación tiña no estado español.

O seu gran reto viu durante aqueles anos politicamente moi duros de finais dos 70, con unha recesión económica impresionante que tardara en chegar, pero o fixo pola porta grande, onde deixou millóns de parados. Todo isto fixo estragos nos barrios das grandes cidades e nos concellos de Galicia. Todo isto (paro, desescolarización, falla de ingresos, droga), para loitar contra todo isto as asociación de veciños estiveron á altura de resolver en parte esta lacra tratando de facer actividades en especial o tratar de organizar aos veciños, dando clases aos nenos que estaban se escolarizar, recitais, concertos, teatro sen deixar de pisar moqueta pedindo ao poderes públicos todo aquilo que fora necesario para o barrio ou o pobo, inclusive a moitos dirixentes das asociacións os metían na cadea polo mero feito de solicitar o máis elemental para o seu pobo. En definitiva, foron estas asociacións un baluarte moi importante na construcción política democrática deste país.

En Vilagarcía este movemento comezou indirectamente por mediación de xente que se consideraba demócrata e querían un cambio de réxime por unha democracia participativa, coa finalidade de reclamar melloras nos barrios, reunindo sinaturas conxuntas dos veciños. Tamén tiñan unha connotación política debido aos tempos que estábase a vivir, como manifestarse a favor da amnistía política, legalización dos sindicatos e partidos políticos.

Lembro con moita saudade aqueles anos moi duros, onde xente como Moncho Patiño en Vilaxoán e outros en distintos lugares do concello loitaron ben duro (dunha forma altruísta) para acadar un Vilagarcía mellor. Tiñan os seus asesores legais, como Gonzalo Bouza-Brey, Dorgambide, Constantino Méndez (hoxe Director Xeral de Defensa). Asesores urbanísticos, arquitectos etc. Sobre isto habería moito que escribir e contar algún día, para que as novas xeracións saiban da historia de todos estes movementos veciñais que lograron votarlle un pulso aos poderes dictatoriais dun réxime fascista.

Na actualidade, moitas destas asociacións xa no existen, e algunhas que están en activo son “correas de transmisión” do partido político que está gobernando nese concello, e si hai que dicir amén, aínda que teñan que tragar sapos, din amen. É unha mágoa que estas asociacións que foron no seu día a punta de lanza do rachamento dun réxime dictatorial a un democrático, foran caendo paseniño nas gadoupas do político de quenda. Outras veces estas asociacións cos veciños ao fronte demanda cousas e fan un programa das súas peticións, e ven o politicastro de quenda, facendo gala da súa capacidade oportunista e populista, co fin de gañar votos, fai de seu esas reivindicacións para o programa electoral do seu partido, converténdoas hipocritamente no seu cabalo de batalla político persoal.

Pasamos no percorrer dos anos dunha democracia veciñal aberta moi participativa, a unha “democracia” pechada e monolítica-partidista. Cando as asociacións veciñais e os seus dirixentes sexan independentes de calquera grupo político (indistintamente das ideas que teña cada persoa que dirixa esa asociación), entón xa podemos falar que o caciquismo asociativo rematou.

Coido que ante a gran crise que nos agarda, unha das primeiras medidas que as asociacións teñen que tomar será tratar de organizar aos veciños, tarefa non moi doada nos tempos que vivimos dun individualismo e un egoísmo radical.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES