Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (40)

viernes, 06 de enero de 2023
A Valuria de Aquilino Iglesia Alvariño

No noso xornal "El Progreso" do ano 1953 atopamos un texto do grandísimo Aquilino Iglesia Alvariño no "Glosario Sentimental de Mondoñedo" cun artigo preciosísimo titulado "Saudades en el mar de Joló", onde se ve que o autor cita de pasada a presenza da Valura, mais denominada por el mesmo como Valuria e que corresponde con toda a Terra Chá.
A misteriosa e incógnita Valura (40)
O artigo comeza cun personaxe chamado Don Carlos de Andrade y Villapol nun país moi afastado, concretamente está referido a Manila. Don Carlos, baixo a almofada, garda nun saquiño feito de pel de iguana as setenta e dúas perlas do mar de Joló correspondendo a dúas por ano. Enfermo dunha grande saudade da nosa terra, soña e recorda na súa infancia como unha mañanciña cando el aínda era un pícaro baixaba a Folgueira Rasa, era polo outono cando baixaban as follas das árbores igual que baixaban os estudantes e os feirantes das San Lucas en Mondoñedo.

No Padornelo xa había unha segunda floración de toxos e as chorimas estaban non tan espelidas na súa segunda brillantez, pero preciosas e moito máis tenras.

Como podemos observar neste resumo, o artigo comeza situando ao personaxe e dicindo o que está ocorrendo nese momento na súa Galiza e segue, desta maneira:
"Y Dios, como verdeaban los prados de Valuria y Pelourín".

Aquí vemos como Aquilino denomina á Terra Chá co nome de Valuria, desde logo, moito máis bonito que Valura porque ese "i" epentético énchea de beleza e feminidade a esa Chá chea de prados que verdean decontado, pero tamén os prados de Pelourín, dos que Leiras Pulpeiro na súa obra case que descoñecida e chamada Apuntes para la Geografía Médica del Distrito Municipal de Mondoñedo, escrita en compañía do seu colega Pastor Taladrid Pereira, dinos:

Corren por este término municipal ríos, riachuelos y arroyos; y ninguno se libra de ser tributario del Masma... el Pelourín, que tiene su manantial en la Infesta, faldea el monte de los Picos y le encuentra en San Lázaro.

Volvendo ao artigo de Aquilino, Don Carlos de Andrade xa non sabe ben se aló polo fondo da súa alma hai unha certa amargura case imperceptíbel de tan fina como é por non chegar a ser capelán dun convento de monxas en Mondoñedo.

Don Carlos, mandou traer un notario e comezou a redactar testamento... setenta e dúas varas de seda bordada de paxaros e flores, a cambio de setenta e dúas perlas, para a Nosa Señora dos Remedios. Si, setenta e dúas varas, a vara por perla.

E a Mondoñedo chegaron setenta e dúas varas de tea finísima, como para unha noiva distante e soñada.

Salve Valuria!

NOTAS:
ALONSO MONTERO, Xesús.- Manuel Leiras Pulpeiro. Poesía Completa. Ed. Sálvora. Santiago de Compostela, 1983.
EL PROGRESO.- Ano XLVI, Nº 14260, 1953, 7 de xuño, páx.3.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES