Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (39)

viernes, 30 de diciembre de 2022
Remedios dos albeites para cos animais

Os Valuros tamén eran albeites ou menciñeiros de animais e ben sabían que a morte dunha vaca era unha auténtica fatalidade para a casa debido ao quebranto económico que isto supoñía.

As bruxas e bruxos son o principal inimigo do gando, cren que os bruxos e bruxas deixan uns guechos de pelo nas portas das cortes para que cando o gando pase por riba, enferme e morra. Para desfacer o meigallo hai que ouriñar enriba dunha ra e logo A misteriosa e incógnita Valura (39)tirala ao lume ata que rebente e poñer nas entradas das cortes ramos de oliva e de loureiro. Ás reses cólgaselles do pescozo cornos, evanxeos, bolsas con póliñas de loureiro e oliveira, allo...

As enfermidades máis comúns son:
AS RELAS ou moscas verdes e moi daniñas para o gando, para curar as vacas deste mal hai que facer un corte na pel do animal e meter dentro unha presiña de herba de gando.
O LIXO consiste na inflamación do ubre e da caída do pelo. Cúrase facendo cruces cunha navalla sobre o animal enfermo.
OS AIRES é unha enfermidade das persoas pero tamén do gando. Cúrase mediante unhas oracións, facendo desprazar a enfermidade desde o interior (sangue, tripas) ata o exterior (pelo, cornos) e finalmente ordénaselle que abandone o corpo do animal.
Ensalmo:
Aire de vaca marela
sai das tripas vai para tés
sai da tés e vai para o coiro
sai do coiro e vai para os pelos
sai dos pelos e vai para os cornos
sai dos cornos e vai para o mar
donde non sintas o galo cantar
nin a galiña cacarexar.
Por el poder de Dios y de la virgen María
un padrenuestro y un avemaría.

AS SOPAS DE BURRO (CABALO) CANSO elaborábanse con viño quente, azucre e pan, e utilizábase para subir a tensión das bestas e tamén para comer na casa.
Outras como o:
FORMIGO era a corrosión do casco e tratábase con cuarzo quente.

Salve Valuria!

NOTAS:
FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006.
Outros:
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES