Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Propiedades privadas e públicas

lunes, 08 de diciembre de 2008
Temos os galegos un acendrado sentido da propiedade privada, quizais porque tradicionalmente a propiedade era escasa e o posuido era moitas veces a máis importante razón de vivir, por ser froito de séculos de esforzo familiar.

Aumenten ou non as propiedades, seguimos tendo colectivamente un sentido de propiedade case absoluto que reacciona con toda a forza, ás veces violentamente, cando esa nosa propiedade se ve afectada por agresións privadas ou públicas.

A última, por agora, destas agresións siquiera teóricas ou anunciadas está en Pontevedra, onde o Ministerio de Defensa parece ter intención de ampliar a zona de protección das instalacións militares da Brilat en Figueirido, que inicialmente podería afectar non só a terreos senón mesmo a vivendas dos que reaccionaron de xeito inmediato e todos a unha.

A reacción do Ministerio parece situarse no razoable cando elimina a afectación de vivendas e podería somente abranguer terreos de propiedade comunal.

Nótase unha gran diferencia na estimación dos intereses públicos e os privados, lóxica para todos en tanto non afecte ás propiedades de cada quen. Figueirido, e calquera outra propiedade pública, ten unhas dimensións, uns límites, e fóra deses límites existen outros intereses, outros propietarios e outros dereitos. Que os intereses públicos estean por encima dos privados non quere dicir que non haxa que dialogar, negociar e, se é o caso, pagar o que se taxe non só por parte oficial senón tamén tendo en conta as realidades que marca o mercado.

Celebramos o día seis o trixésimo aniversario da Constitución, a nosa magna carta de deberes e dereitos, e énchesenos a boca a pronuncia de palabras como “liberdade”, “igualdade” e cousas así. As palabras son conceptos baleiros se non van acompañadas de significados tanxibles. As palabras non valen de nada se a realidade pisa por riba dos dereitos. E para os galegos, un dos primeiros dereitos -se non é claramente o primeiro- é o da propiedade.

Respéctense, pois, os dereitos dos propietarios dos terreos en Figueirido. E se hai que ocupar ou hipotecar o uso deses terreos, fágase, pero pagando o que o mercado marque, ou -mellor aínda- proporcionando ós damnificados propiedade e bens de igual valor en situación similar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES