Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguridade nas rúas

viernes, 05 de diciembre de 2008
Ninguén está exento de riscos na vida cotián, no rural ou no urbano. Sen embargo parece que o medio urbano, pola concentración humana e edificacións, ofrece un maior abano de elementos perigosos.

O sucedido en Vigo o pasado mércores, é o mellor exemplo de perigo: Unha balaustrada dun edificio da rúa do Principe, das máis importantes da cidade, caeu á rúa sobre un coche de bebé ocasionando feridas a unha nena de tres meses que pudieron ser mortais.

A causa do sinistro, a falla de que os técnicos dictaminen exactamente, parece ser a instalación do alumeado do Nadal, cedendo unha balaustrada cando se procedía a tensar os cables que sosterán os elementos luminosos navideños.

O concello paralizou a instalación deste alumeado tempora, mentras se efectúa unha investigación exhaustiva do que pasou e as súas causas.

Esto ven manifestar o exposto que o peatón está a calquera obxecto que pode proceder das estructuras colindantes, e a necesidade de que esas estructuras estean en permanente estado de revisión para evitar que calquera deterioro produza unha traxedia.

As autoridades municipais teñen en cada caso a responsabilidade de manter os edificios en condicións axeitadas, pero a traxedia sempre pode producirse. Neste caso, en Vigo, non houbo danos irreversibles, pero en calquera momento e lugar pode xurdir un problema irresoluble.

A seguridade debe ser o primeiro. Para eso os concellos teñen cada vez máis competencias, máis técnicos, e máis preparación. Polo tanto, hai que esixir revisións, inspección e control. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES