¿Ignorancia, impotencia, reparos humanos...?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de diciembre de 2022
Cando pasan certas cousas no noso entorno deberíamos de implicarnos dalgunha maneira.
Por exemplo:
ESTÁ UNHA PERSOA ENFERMA NO NOSO ENTORNO.
Soamente un número moi reducido de persoas está á altura das circunstancias.
Cando chega a hora do pasamento:
Nas cidades, case pasa desapercibida a non ser que se trate dun personaxe importante.
No medio rural a noticia espándese con máis facilidade.
Nos enterros sempre hai moita xente, uns entran na igrexa e gardan a compostura debida e outros quédanse á porta como se do campo da feira se tratara.
E aquí acaba todo.
Os humanos somos así:
Mentres que a persoa está enferma, para non sentírmonos culpables, hai quen a ignora e outros din:
- POIS NON SABÍA QUE SE ATOPARA TAN MAL; PARECÍAME QUE SERÍA UNHA COUSA PASAXEIRA...
Tódalas enfermidades son pasaxeiras ata que deixan de selo.
Algunhas xa falan moi claro...
- SI SABÍAO; PERO COMO TAMPOUCO PODÍA FACERLLE NADA...
¿Cómo qué non podías facerlle nada?
Podías acompañala no seu sufrimento.
Podías ofrecer axuda ós coidadores.
Podías dar sinais de que estabas aí para o que puideras.
- BUENO SI; PERO DÁME REPARO PORQUE TEÑO MEDO QUE LLE PAREZA MAL...
¿Pareceríache ben que fixeran o mesmo contigo se te viras no caso?
- E QUE NON SEI QUE DICIRLLE...
Non sabes que dicirlle...
A veces unha mirada, é suficiente.
A veces o silencio fala moi claro.
- TEÑO MEDO QUE SE DEA CONTA DA SÚA GRAVIDADE.
¿Pensas que non sabe o que está sufrindo?
¿Pensas que non sabe o que lle espera?
- EU NON VALLO PARA ESO...
Claro que non vales para eso porque non tes corazón.
Non ter bo corazón é unha boa pobreza, certamente.
Pero non tódalas persoas son así:
- HAINAS MOI COHERENTES.
Hainas moi coherentes coas súas crenzas ou coa súa ideoloxía.
- HAINAS QUE SON COMO DA CASA:
Están moi pendientes da persoa doente e máis dos seus achegados.
- HAINAS QUE REGALAN TEMPO E CARIÑO
Fan compañía tanto ó doente como á familia.
- HAINAS QUE REZAN DE CORAZÓN.
Para que Deus lles devolva a saúde, e se non fora humanamente posible, para que non lle falten coidados ós enfermos.
- HAINAS QUE PASAN VOLUNTARIAMENTE NOITES NO HOSPITAL.
E ocúpanse da persoa enferma como se da súa nai se tratara.
- HAINAS QUE ESTÁN E SABEN COMO ESTAR.
Desas persoas é das que debemos aprender porque:
- A maioría dos humanos pasamos pola enfermidade.
- Hai enfermedades moi malas de levar.
- A maioría dos humanos agradecemos o cariño e a compañía.
- A veces as persoas coidadoras vence ó límite das súas forzas.
- Hoxe por uns e mañá por otros.
CANDO HAI APRECIO A IMPOTENCIA E OS REPAROS, SOBRAN.
Ninguén mostra impotencia polas persoas que quere.
A ninguén lle dá reparo coidar ás persoas amadas.
"TRÁTASE DE TOMAR CONCIENCIA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora