Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proporcionalidade

jueves, 04 de diciembre de 2008
Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcionais, as regras de tres simples e compostas, os mecanismos que permitían obter conclusións numéricas doadas a problemas que parecían ben difíciles.

Aquello de ter en conta varios factores para conseguir que un repartimento fora xusto, atendendo ás circunstancias, parece ser esquecido agora cando se van repartir os fondos que o Goberno vai destinar para promover o emprego a través de investimentos en proxectos e obras novas que se planteen e se liciten antes dun mes.

A Galicia, nesta lotería investidora, tendo en conta a súa poboación de case dous millóns oitocentas mil persoas, vanlle corresponder perto de cincocentos millóns de euros.

Seguindo con ese repartimento proporcional somente á poboación, as provincias e as cidades máis poboadas e polo tanto mellor dotadas, son as que van levar a maior parte do investimento. En números redondos, a provincia da Coruña vai recibir 200 millóns de Euros, a de Pontevedra 167, 62 a de Lugo e 59 a de Ourense.

Similar situación se plantea nas cidades, nas que Vigo recibirá 52 millóns, A Coruña 43, Ourense 18 e Lugo 16.

En toda España cóntase crear entre 200.000 e 300.000 postos de traballo, todo en razón á poboación.

Pero o fenómeno é moito máis complexo... Hai zonas subdesenvolvidas que precisan as obras máis ca outras por moi poboadas que estean; hai zonas que precisan máis postos de traballo ca outras nas que o propio dinamismo social e económico promove accións que melloran a situación.

A proporcionalidade pura e dura, como neste caso, pode ser inxusta aínda que sexa democrática. E se con ese investimento se conta fomentar o traballo e o progreso, poderase conseguir pero se hai inxustiza actual aumentaranse as diferencias e a inxustiza. Ter en conta somente a poboación, é manter a situación actual de Galicia rica-Galicia pobre, co que sempre estaremos no mismo. Totalmente inxusto por moi legal que resulte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania