Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O tempo dos presos é tempo de Deus'

lunes, 26 de diciembre de 2022
"O TEMPO É SUPERIOR AO ESPAZO"
(Papa Francisco, E.G.,222).


XAQUÍN CAMPO FREIRE. FERROL. NADAL 2022.
(Segunda entrega)

Estamos xa no Nadal. E aquí me tes, amigo Xaquín, aínda outra volta, para seguirmos a falar do cárcere e dos presosdurante unha horiña. Hai uns días, 05-12-2022, era o "Día do voluntariado". É curioso iso de termos que pór días para aquilo que non debemos esquecer. Ten o seu aquel de positivo e tamén de negativo, supoño.
De forma moi reiterada tamén che teño escoitado, iso de: "O TEMPO DOS PRESOS É TEMPO DE DEUS". Queres que falemos diso?
Fas alusión a dous temas ben interesantes. Ambos lle afectan aos cárceres de forma moi directa.

1º. "O voluntariado é o lugar onde a compaixón e a solidariedade se encontran. Ambos conceptos comparten os mesmos valores fundamentais: apoiarse mutuamente desde una posición de confianza, humildade, respecto e igualdade".

Sabes de quen é esta cita? Xa vexo que sinalas cara a Biblia que ves aí na mesa. Non. Aínda que nela, xa no Antigo Testamento ambas utopías son elementos absolutamente axiais e fundamentais. E non digamos xa toda a forma de vivir de Xesús de Nazaré. Vouche repetir algo do que o meu benemérito mentor bíblico, D. Uxío García Amor, nos ten falado moito. O vocablohebreo rahamim, plural do sustantivo raham, significa exactamente seo materno. A tradución literal sería entrañas maternais.

Esa é a motivación esencial da persoa voluntaria que estea ben constituída. A palabra hamal, literalmente: manter con vida a un inimigo derrotado, expresa ese rasgo de misericordia, que significa mostrar compaixón, conceder o perdón e a conmuta das penas. Dedicarlle parte da vida para que viva.

Por iso o Día Internacional do Voluntariado, 5 de decembro, é o recordatorio para celebrar e agradecerlle ás persoas do mundo o seu valioso tempo e esforzos voluntarios ao servizo dos máis necesitados e das causas humanitarias máis urxentes e imprescindíbeis. É unirmos esforzos e promovermos iniciativas positivas para unha mellor atención. Porque tamén necesitan absolutamete alento e ánimo e saberen que non están soíños. Hoxe expresámolo así: "Outra xustiza é posíbel. Outro cumprimento de penas é posíbel".

Os temas dos Días Internacionais están vinculados aos principais campos de acción das Nacións Unidas para: "mantemento da paz, protección dos dereitos humanos, promoción do desenvolvemento sostíbel, defensa do dereito internacional e a axuda humanitaria".

Son necesarios estes recordatorios en días significativos? Si. Pois de non ser así ficariamos ao chou, ao albur, dos máis aproveitados e abusóns.

2º. E falando do segundo tema: "O TEMPO É DE DEUS".
Si, na vida todo é dialéctico. E iso é positivo se sabemos "vivirmos no hoxe de Deus", como dixo o Irmán Roger de Taizè. Iso que ti me atribúes non é idea miña. Débemosllo a Xoán Paulo II, na Mensaxe Xubilar para os presos no Ano 2000: Ano Santo Romano. É un documento curto pero moi importante para o mundo das prisións, para os Estados e certamente para a Pastoral Penitenciaria e para todo o mundo actual. Nel o Papa fala moi clariño de varias cousas, entre elas esa que a ti che chama a atención e a min tamén. Por iso máis que un comentario prefiro lermos de consonte o texto literal e logo falamos, se che parece. Vale a pena a cita:

"O Xubileu lémbranos que o tempo é de Deus. E não escapa a este señorío de Deus o tempo da detención. 1º. Os poderes públicos que, en cumprimento de unha disposición legal, privan da liberdade persoal a un ser humano pondo coma que entre paréntese un período mais ou menos longo da súa existencia, deben saber que non son señores do tempo do recluso». 2º. «Do mesmo modo, quen se encontra detido,non debe vivir coma se o tempo de prisión lle fose subtraído de xeito irremediábel". Tamén o tempo transcorrido no cárcere é tempo de Deus e como tal debe ser vivido; é tempo que há ser ofrecido a Deus como ocasión de verdade, de humildade, de expiación e tamén de fé». 3º. «O Xubileu serve para lembrarnos que non só o tempo é de Deus. Máis aínda: os momentos en que soubermos recapitular todo en Cristo tórnanse para nós«nun ano de graza do Señor». 4º. «Durante o período do Xubileu cada un é chamado a sincronizar o tempo do propio corazón, único e irrepetíbel, co tempo do corazón misericordioso de Deus, sempre pronto a acompañar a cada un, ao ritmo do seu paso, até á salvación». 5º. «Porén, ainda que ás veces, a condición carceraria corra o risco de despersonalizar o individuo, privándoo de moitas posibilidades de se expresar a si propio publicamente, o recluso debe recordar que, diante de Deus, non é así: o Xubileu é o tempo da persoa, onde cada un é el mesmo diante de Deus, à imaxe e semellanza d'El.
E cada un/unha é chamado a acelerar o seu paso rumbo e cara à salvación e progresar na descuberta gradual da verdade sobre si própio». (Mensaxe Xubilar, 3).

Se xuntamos os dous temas que ti citas podemos concluir:
Voluntariados no cárcere para que? "O voluntariado é o lugar onde a compaixón, (concepto bíblico) e a solidariedade (concepto máis civil)se encontran. Ambos conceptos comparten os mesmos valores fundamentais: apoiarse mutuamente desde unha posición de confianza, humildade, respecto e igualdade". "Mantemento da paz, protección dos dereitos humanos, promoción do desenvolvemento sostíbel, defensa do dereito internacional e a axuda humanitaria". (ONU).

E agora que estamos a comezar un novo ano: Cada un é chamado a sincronizarmos o tempo do propio corazón, único e irrepetíbel, co tempo do corazón misericordioso de Deus,«nun ano de graza do Señor» sempre prontos a acompañármonos cada un, ao ritmo do seu paso, até á salvación». (X. P. II).

- Xaquín, vale a pena seguirmos falando!
- Si. FELIZ NADAL! FELIZ ANINOVO! E BO 2023!:
"O TEMPO É DE DEUS".
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES