Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O perigo de viaxar

jueves, 22 de diciembre de 2022
Dicían que cando viaxas adquires cultura, dicían que viaxando se aprende... e non deixa de ser certo. Non no sentido pexorativo, de pensar que aquí non nos documentamos e que somos ignorantes cando non saímos da casa. Moito menos, cando dicían que viaxar acabaría cos nacionalismos, como se defender o propio fose de ignorantes e que defendes o propio porque non coñeces outra cousa.

Eu falo de viaxar e ver, de admirar o que de bo teñen as outras terras, de gozar coas súas paisaxes, de recoñecer o seu valor. Falo, tamén, dese momento no que viaxar confirma o que pensabamos. Porque non polo feito de ser noso é bo; é necesario ser O perigo de viaxarcríticas co próximo igual que co afastado, incluso diría que máis, porque cadaquén ten que actuar sobre o seu, e só se pode transformar e mellorar, cando se é consciente do que non é correcto.

Todo isto ben a conto dunha viaxe realizada hai uns días a León e Astorga. Había tempo que non facía turismo de cidade, de permanencia nun lugar para percorrelo con calma e habitalo. A cidade de León reconfortoume co que entendo que debe ser unha cidade histórica, con turismo pero sen afago; con xente (en festas, incluso) pero sen lixo, con consumidores ocupando os bares e restaurantes pero non os supermercados, de tendas con produtos propios de calidade e bo gusto fronte a outros (os nosos) con tendas de todo a cen ou produtos chinos que nada teñen que ver coa idiosincrasia do lugar... e xa van vendo ao que me refiro. En Santiago, neste momento, temos un turismo que deixa o mínimo de cartos, o aloxamento en albergues está cheo e o de hoteis moito máis baleiro, no supermercado do meu barrio temos problemas para mercar porque nos sentimos expulsados os residentes polas colas que hai que facer para poder pagar no caixeiro (cando son ocupados polos "peregrinos" que pernoctan nos aloxamentos ilegais, as rúas da cidade antiga esqueceron o comercio de vello e todas as tendas son case iguais como se dunha multinacional do mal gusto se tratase, véndese o que traen de fóra e non di nada do lugar. Por iso, cando unha viaxa e ve que outra cidade é posible agradece a viaxe, agradece á cidade visitada, aos seus comerciantes e xestores, aos políticos e aos veciños que o fixeron posible. A xente volveu co autobús cargado de cecina e outros embutidos de León, con queixos e obxectos mercados nas tendas dos museos, incluso con roupa que ofrecían as tendas mostrando especialización e bo gusto.

Non somos especiais: viaxamos para coñecer, para saber algo máis do mundo que nos rodea, para gozalo compartíndoo con quen o mantén e o coida. Por iso nos preguntamos, que pasa co noso? quen decidiu que era unha cidade de paso para un montón de xente que non a respecta? Para quer queremos tanto turismo se en lugar de repercutir positivamente na economía o fai de forma negativa? Mantemos a cidade para que veñan de fóra e nola usen, ensucien... e non levan as pedras porque non cadra. Pero non é responsabilidade dos de fóra senón dos de dentro, dos que non aman o propio (serán nacionalistas doutras nacións?) e non o xestionan debidamente. Que dirías se lle deran a maior distinción do teu país á persoa que máis mal lle fixo? Pois diso sabemos moito... demasiado
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES