Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Momentos que precisan apoio

jueves, 22 de diciembre de 2022
Hoxe, día 22 de decembro, é un día de celebración para moitos españois.
- Os pensionistas cobrarán a paga dobre.
- Moitos traballadores, tamén.
- A algunas persoas tocaralles a lotería.
- Algunhas encontrarán traballo.
- Moitos estudiantes celebrarán os seus esforzos académicos.
- Moitas familias reuniranse nestas datas tan entrañables.
- Algunhas persoas viaxarán a pasar uns días na neve ou noutros sitios…
- Moitas persoas gozarán de boa saúde.
- Algunhas, verán por primeira vez a luz do día.

Moitas teremos moito que celebrar e moito que agradecer.

PERO AÍNDA ASÍ, A MAIORÍA DAS PERSOAS NECESITAREMOS APOIO.
- As criaturiñas necesitarán apoio para criarse adecuadamente.
- As persoas doentes neceitarán o apoio da familia e do persoal sanitario para atender as súas necesidades básicas.
- Os anciáns necesitarán o apoio dos máis novos.
- As persoas que sofren soidade, necesitarán compañía.
- As que están pasando por una crise económica, necesitarán o apoio doutras que andan ben de cartos.
- As que están pasando momentos de dó polo falecemento dun ser querido, necesitarán que alguén as console.
- Moitas das que están na recta final precisarán, ademáis dos coidados físicos e afectivos, tamén atención espiritual.
- As que non lle encontran sentido á vida e están a piques de poñerlle fin... (En España fan esto catro cada día e vinte máis, inténtano)

¿ENCONTRARÁN TODAS ESTAS E MOITAS MÁIS O APOIO QUE NECESITAN?

Nalgúns casos si; pero en moitos, non.
Pode que moitas persoas teñen que recurrir a "dona necesidade".
Pode que outras dicidan poñer fin a tanta dor, quitándose a vida.
Pode que oturas intenten collerse a xustiza pola súa man...

¿POR QUÉ TANTO SUFRIMENTO SE MOITOS CASOS PODERÍAN SOLUCIONARSE?
- Moitas criaturas sofren porque seus pais non se comprenden.
- Moitos doentes morren de tristura porque non teñen quen os vaia visitar.
- Moitos anciáns están sós nas súas casas ou en residencias sen que os seus parentes sexan conscientes do seu sufrimento.
- Moitas persoas están soas contra a súa vontade e sofren moito.
- Moitas familias encóntranse en ruina económica e a ninguén lle importa nada.
- Moitas pasan momentos de dó sen ter quen as console.
- Moitas necesitan atención espiritual na recta final e non teñen ninguén que avise a un sacerdote.
- Moitas non encontran sentido á vida porque se ven acorraladas pola incomprensión doutras.

¿POR QUÉ?
¿Costa tanto facerlle a vida feliz a unha criatura inocente?
¿Pensan os que gozan de saúde que nunca se van a poñer enfermos?
¿Pensan os novos que nunca van a chegar a anciáns?
¿Pensan os que vivien acompañados que nunca van a quedar sós?
¿Pensan os económicamente fortes que nunca se encontrarán coa ruina económica?
¿Pensan algúns que os seus seres queridos non van morrer nunca?
¿Pensan outros que os auxilios espirituais están pasados de moda?
¿Pensan os que gozan dunha vida plena que nunca se verán nunha situación que pode levalos ó suicidio?

NINGÚN SER HUMANO ESTÁ LIBRE DE NADA.

Todos podemos chegar a vérmonos en moita necesidade.

¿POR QUE PASAMOS TAN A MIÚDO DO MAL ALLEO?
- Por impotencia?
- Por ignorancia?
- Por reparos humanos?
- Por maldade?

¿IGNORANCIA, IMPOTENCIA, REPAROS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES