Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dende a Marronda: Caídos por Dios y por España

jueves, 04 de diciembre de 2008
A orixe desta inscrición que aparece nas paredes de moitas igrexas e catedrais do territorio español cumpriu 70 anos o 16 de novembro de 2008.

No BOE do 17.XI.1938 aparece un decreto da Xefatura do Estado do día anterior no que o xeneral Franco ordena a publicación d seguinte Decreto:"...como Jefe del Estado y de la Revolución Nacional Española, vengo a disponer:
Artículo primero: Se declara día de luto nacional el 20 de noviembre de cada año.
Articulo segundo: Previo acuerdo con las autoridades eclesiásticas, en los muros de cada parroquia figurará una inscripción que contenga los nombres de sus Caídos, ya en la presente cruzada, ya víctimas de la revolución marxista”.
Esta é a orixe da colocación nas igrexas das placas conmemorativas dos Caídos”, todas encabezadas co nome de José Antonio Primo de Rivera.
A xeografía española encheuse de memoria dos vencedores “por Díos y por la Patria”, mentres que ocultou a “limpeza” que no nome dese mesmo Deus se levaba a cabo por xentes piadosas. O Réxime coa complicidade da xerarquía eclesiástica, intentaba unha sagrada fusión entre os mortos por causa política e relixiosa, todos “mártires da Cruzada”, moitos sen buscalo nin querelo, pois a inmensa maioría foron mobilizados forzosamente.
Os outros milleiros de “roxos” e infieis non existían, porque non se rexistraban ou se falseaba a causa da súa morte, asunto polo que a xerarquía eclesiástica non levantou a voz, aínda que tamén caeron neste grupo católicos sinceros e exemplares (Alexandre Bóveda, xeneral Antonio Escobar, Manuel Carrasco i Formiguera...).A Xerarquía española, salvo Vidal i Barraquer e Mateo Múgica, tomou partido polos sublevados e trataron de converter en heroico, glorioso e salvador un episodio que nada tivo diso. Xa llo recordaba Manuel de Irujo, ministro de Xustiza do goberno da República, ao cardeal Vidal i Barraquer o 28 de maio de 1938: “Tenga presente que en las dos zonas se han hecho mártires, que la sangre de los mártires, en religión como en política, es siempre fecunda; que la Iglesia, sea por lo que fuere, figurará como mártir en la zona republicana y formando en el piquete de ejecución en la zona franquista”, mártir e verdugo ao mesmo tempo segundo se mire, esta foi a dobre cara do clero español durante a Guerra Civil.
Nas fachadas das igrexas deberían campar, en todo caso, chamadas á fraternidade, é hora de facer limpeza da memoria do acontecemento máis negro da historia de España. A Igrexa asumiu o decreto de Franco, xa é tempo de que o borre por hixiene moral. Estanse a dar algúns pasos, hai pouco tempo o bispo de Tui-Vigo, monseñor Diéguez Reboredo, comprometeuse a proceder a eliminar tales inscricións.
Todos os mortos merecen o máximo respecto, non se trata de culpalos de nada.Tampouco se deben adoptar posturas equidistantes, “máis barbaridades cometeron os outros”, todos os asasinatos suman, non neutralizan e os máximos responsables foron os que iniciaron a guerra, que, ademais, bateron o récord de violencia e morte
Convén que a Igrexa aprenda a lección, pois como escribía François Mauriac en xullo de 1938.: “A forza que se serve da Igrexa é a maior desgracia que pode caer sobre o pobo cristián”.

Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES