Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algo falla en Internet

miércoles, 03 de diciembre de 2008
En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar.

O Instituto Nacional de Estadística ven de constatar que Galicia consegue a dubidosa honra de ser a autonomía española na que Internet ten menor presencia.

Ata agora, era Extremadura a que ostentaba o último posto entre as autonomías hispanas, cunha penetración do trinta por cento mentras que Galicia estaba no trinta e dous. Segundo o último estudio, Galicia rexistra un 39,7% (o 31,8% con banda ancha), mentras que Extremadura chega ó 42,9%, dos que o 36,3% ten banda ancha.

Quere esto dicir que de cen fogares galegos, só corenta teñen Internet, o que é unha pobre presencia se temos en conta que hogano é imprescindible este novo medio ou ferramenta para estar ó día en comunicación e servizos.

O case corenta por cento que aquí rexistramos semella ben pobre se o comparamos co 51% da media nacional, e xa non digamos co 57 do País Vasco, o 60,1 de Cataluña ou o 62,3 de Madrid.

Alguén terá que tomar cartas no asunto e poñerse a traballar duro para que Internet teña axeitada presencia en Galicia. E o problema non é das empresas que traballamos no sector senón das administracións responsables destes temas.

Aínda que se rexistran avances, ben se ve que en relación co resto das autonomías do estado non temos avanzado nada. E as cifras pódense contemplar de xeito absoluto se eso nos tranquiliza, pero hai que telas en conta en relación co que pasa ó noso arredor. E entón a tranquilidade desaparece.

Alguén ten que poñerse as pilas, dispoñer medidas urxentes e prácticas, esquecer proxectos desmesurados e atacar o problema pola base, apoiándose e apoiando o traballo das empresas que traballamos no sector.

Do contrario, iremos a peor. Aínda que as estatísticas non teñan previsto posto máis baixo do que estamos agora en relación coas nosas iguais no estado español.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES