Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo é necesario

jueves, 15 de diciembre de 2022
Desde a aparición do ser humano na terra sempre tivo unha serie de necesidades que cubrir.
Necesidades: físicas, psíquicas, espirituais, afectivas...

Destas necesidades ninguén queda excluido.
Dependemos todos de todos, independientemente da nosa clase social, da nosa ideoloxía, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa raza, da nosa relixión...
Ninguén se amaña só, nin tan siquiera os ermitaños.

Se todos necesitamos de todo e de todos, debemos pensar que todos TEMOS QUE ADQUIRIR UNS VALORES que nos axuden a levar a cabo as funcións que correspondan en cada etapa das nosas vidas.

¿QUÉ VALORES NOS PODEN AXUDAR?
Moitos; pero unha arma moi poderosa pode ser a XENEROSIDADE.

- As persoas xenerosas posúen moita BENEVOLENCIA cos subordinados, aínda que, a veces, haxa quen confunda a benevolencia coa debilidade.
Aínda así, seguen sendo benevolentes porque obran con boa vontade sobre as persoas que teñen autoridade.

-As persoas xenerosas posúen ALTRUÍSMO porque pensan nas outras tanto como nelas mesmas e son moi amigas de facer obras de caridade.

-As persoas xenerosas posúen HUMANIDADE: comprenden moi ben as necesidades dos humanos e cando ven unha carencia, alí están.

-As persoas xenerosas posúen moita BONDADE, porque o seu corazón é todo amor.

-As persoas xenerosas posúen MAGNANIMIDADE: dan en abundancia, dan ata que sobre, dan sen medida...
A veces dise que: "fan de tripas, corazón".

-As persoas xenerosas posúen ABNEGACIÓN: teñen capacidade para privarse elas mesmas de certas comodidades para favorecer ás outras que ven con maior necesidade.

-As persoas xenerosas son GRANDES DE CORAZÓN: saben analisa-la realidade e expoñela son que ninguén se moleste.

-As persoas xenerosas SON DESPRENDIDAS: non se apegan ó material porque saben que hai algo moito mellor.

-As persoas xenerosas SON ESPLÉNDIDAS: van pola vida coas mans abertas para ofrecer axuda voluntariamente.

-As persoas xenerosas SON DESINTERESADAS: dan sen esperar nada a cambio.
PARA ELAS A SATISFACCIÓN DE FACER BEN XA É A MELLOR DAS RECOMPENSAS.

Con persoas xenerosas satisfácense necesidades: físicas, psíquicas, espirituales, afectivas...

CON PERSOAS XENEROSAS TEMOS UN TESOURO.

Este tipo de persoas son as persoas que precisa esta sociedadeactual un tanto apegada ó ter:
Ter cartos, ter poder, ter máis que outro...
¡QUE ENGANADOS ESTAMOS!.

Andando pola vida encontrámonos con moitas persoas xenerosas.

¡QUÉ MARAVILLOSA É A VIDA, GRAZAS ÁS PERSOAS XENEROSAS!

E, afortunadamente, hai moitas persoas que usan con nós unha xenerosidade especial:
-Os proxenitores que non regatean esforzos.
-O profesorado que "encende luces" na mente do alumnado para que poida "abrirse camiño".
-Os sanitarios que coidan a nosa saúde física ó longo da vida
-Os sacerdotes que guian as nosas almas cara ó AMO da vida, ensinándonos a descansar nas súas MANS en momentos de inquedanza e incertidume.
-Moitísimas persoas anónimas que nos ofrecen axuda sen tan siquiera coñecernos.

Grazas a este tipo de persoas temos todo o necesario para sobrelevar con esperanza os contratempos diarios.
Porque a vida presenta momentos que necesitan apoio.

"MOMENTOS QUE PRECISAN APOIO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES