Lectura
Fernández, Suso - miércoles, 03 de diciembre de 2008
Resulta axiomática a importancia que a lectura ten na formación intelectual e cívica da persoa; a tal punto que esta evidencia lle fixo decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino da segunda metade do século XIX: cando escoito decir que un home ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben de él.
Está universalmente aceptado que a lectura é a porta á cultura: efectivamente pode asegurarse que sen aquela difícilmente se produce o acceso a ésta; daí que as institucións que na nosa sociedade teñen responsabilidades neste eido se apliquen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e consecuentemente esa práctica.
Supoñemos que nese marco se situaba a iniciativa do concello de Foz coa organización do Maratón de 24 horas de Lectura que durante varios anos se víu celebrando arredor do
Día do Libro; unha efeméride que, polo habitual, xa esperábamos, pero que nesta ocasión (obviamente era polo mes de abril), non o houbo. Non coñecemos as causas que aconsellaron retiralo da programación, porque nada se dixo ó respecto ¿Cansancio? ¿Falta de interese nos posibles lectores? Retirouse, e punto
Unha interesante forma de promoción é a través dos clubes de lectura, que na nosa bisbarra veñen funcionando en varias localidades; posiblemente sexa ésta unha modalidade mais efectiva que o maratón, ó engadir aspectos transcendentais na técnica e aproveitamento da didáctica do feito de ler: nel se xuntan un grupo de persoas que len un libro ó mesmo tempo na súa casa para logo na xuntaza, semanal por exemplo, coa participación de un moderador, comentar o lido producíndose o contraste de opinións sobre o estilo literario, a acción, os personaxes
que deriva moitas veces hacia outras consideracións, porque quen le moitos libros e non pensa nada sobre eles, é unha estantería. Dous son fundamentalmente os alicientes desta modalidade: a lectura persoal e íntima por unha banda e a posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas pola outra; é, en definitiva, as ventaxes do traballo en equipo, ó que lamentablemente somos pouco dados.
Alguen dixo que analfabeto non é aquel que non sabe ler; analfabeto é aquel que sabendo ler, non o fai.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora