Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 14 de diciembre de 2022
Tirando da Corda

Como xa me doía a cabeza de estar tanto tempo co ordenador e, por momentos, de ler, optei por saír a dar unha volta. Pensei en ir deica a ponte das Cepas de Baños de Molgas e para alá marchei. Ó pouco de pasar a estación do ferrocarril e xa na carreira que leva ó muíño do Dositeo, vin que sobresaía da parede que lindaba unha poula co camiño a punta dunha corda. Como a corda se vía que era nova, déuseme por tirar Pingas de Orballo dela. Levo dous días tirando dela! E semella que non ten fin.
Non é ningunha broma. Os brazos xa me doen máis incluso que cando rozaba os toxos co fouciño ou cando segaba a herba coa gadaña. A corda non pesa, pero sabedes o que é estar tirando dous días seguidos? Movendo os brazos de continuo e máis ou menos ó mesmo ritmo. Porque, claro, sempre penso que está a piques de asomar a outra punta do sedeño; que agora xa vai, que non pode faltar moito, que aí vén, que quedarán tantos metros, etc. Entón, zas, dálle que dálle, zumba e dálle, tumba que dálle. Por moito que lle dou, non hai maneira.
Mais como a testán non hai quen me gane, sigo tirando da corda. Como se boto semanas ou meses. A un ritmo máis lento, iso si. Pero sen pausa. E xusto cando estaba a limpar por enésima vez as pingas de suor que esvaraban pola miña cara, aí estaba, a punta final. Dous días xustos tirando da corda. Sentei enriba dela e tomei folgos. Seguín de paseo ata a ponte das Cepas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES