Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non digas que foi un soño

miércoles, 14 de diciembre de 2022
Sigo con preocupación o que está a suceder en España, e o que virá, despois de derrogar o delito de sedición e tentar desvirtuar o delito de malversación. Nunca pensei que o goberno español indultaría aos políticos cataláns que foron condenados en firme polos tribunais tras intentar dar un golpe de Estado. E moito menos que se modificaría o código penal para abolir o propio delito de sedición e de malversación de caudais públicos, fondos que os independentistas empregaron para facer un referendo ilegal co fin de forzar a separación de Cataluña de España e crear unha república independente.

Non contento con isto, o goberno está forzando as leis para controlar o tribunal constitucional e o órgano de goberno dos xuíces con nomeamentos político. Non só se perdeu calquera indicio de moralidade pública á hora de lexislar, senón que tamén se pretende que non exista control xudicial sobre este tipo de decisións. Mesmo silenciaron ao Consello de Estado e aos demais órganos consultivos do goberno, tramitando por vía de urxencia leis que deixan ao Estado de xeonllos ante os independentistas, para evitar que emitan informes desfavorables.

O pobo español cala e ás veces pregúntome se esa maioría silenciosa será quen de darse conta das falacias coas que se nos presentan estes cambios lexislativos, sendo o último dicir que están lexislando contra a malversación de fondos públicos para adaptar a lexislación española á europea Só espero que nun país que impulsou leis a favor da memoria histórica, a cidadanía teña memoria dentro duns meses, cando sexa o momento de ir votar, e rematemos dunha vez por todas con este mal soño, tan real como a vida mesma.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES