
É tempo de competición, e aí está o mundial de Fútbol que azares da fortuna levaron a un emirato árabe ao que posiblemente se mirou a través dun cristal da cor do diñeiro.
As competicións dominan a nosa vida cotiá e persoas e institucións afánanse en proclamar quen é o máis alto, o máis rico, o máis poderoso, ou o máis eficaz. Mesmo na iluminación do Nadal que un mes antes das festas invadíu as nosas rúas, e se o alcalde de Vigo é o emperador urbano da luz nadaleira, o de Monforte veu decirlle que a ver quen ten máis luces por habitante.
Que non sempre o tamaño ou a cantidade é o elemento máis ostensible, e se non fixémonos no Belén dun pobo pequeno, situado arredor da Nacional VI, na Terra Chá, en Begonte, que cumpríu medio século, e para celebralo acudíu o venres, dous de decembro, o Presidente da Xunta de Galicia, que ademais axudou a descubrir a primeira das dezanove estatuas que nas dezanove parroquias do concello begontino agora dase en chamar "begontés" van marcar outros tantos puntos dun especial "Camiño ao Belén" que pasando por todos os "begontes parroquiais" remata na praciña dos Domínguez Guizán, tres irmáns que axudaron a forxar un belén mítico, e no Museo Rodríguez Varela, creador do Belén.
Medio século é moito tempo, pero seguro que os hai máis antigos. E máis grandes, e máis ricos, e con máis luz
Pero este é noso, chairego, lucense, galego
véñeno ver 40.000 persoas cada ano, e ata lle cambiou o nome ao pobo: No canto de falar do "Belén de Begonte", hai moita xente que fala de "Begonte do Belén".
Díxoo o poeta Piñeiro Cochón: "E a quen se lle conte / de novo en Begonte : / armouse o belén!.