Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ferrol

martes, 02 de diciembre de 2008
Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse en accións de homenaxe ó Xeneral que controlaba todos os poderes do estado español.

Voluntariamente ou coaccionados polo ambiente, os gobernantes ferrolanos do seu tempo, a fin de contas nomeados dentro da escala do poder que remataba en Franco, designaron ó Xeneralísimo “Fillo Predilecto” e “Alcalde Honorario”, e “Fillos adoptivos de Ferrol” á muller, á filla, e outros membros da súa familia.

A mayoría dos grandes concellos nomeou a Franco fillo adoptivo ou lle concedeu a medalla de ouro, seguindo un proceso interminable; as universidades nomeábano Doctor Honoris Causa, e todo tipo de institucións rivalizaban por quedar mellor con el nun tempo oscuro no que non parecía haber máis norte ca o titular do caudillaxe.

“El Ferrol del Caudillo” que algúns chuscos en privado chamaban “El Ferrol de Su Excelencia” cargou co sambenito de cidade “de Franco”, debendo irse desprendendo desa carga pouco a pouco en longo traxecto que durou os trinta e tres anos que van desde a morte de Franco ata o momento actual no que o concello ferrolán ven de desposuir á familia Franco de todas as honras que se lle tiñan concedido. Exemplo definitivo neste caso do “sic transit gloria mundi”.

Todo tipo de institucións deben ser rigorosas na adxudicación de honras, de xeito que pase o que pase, cambie o que cambie, non haxa que rectificar. E ter en conta que os políticos non son os recipiendarios de homenaxes, que a súa homenaxe está na elección e na rendición de contas. E moi poucos merecerán en definitiva honras perdurables.

O de Franco era diferente, que ata os tempos eran os de Franco. Pero algo deberemos aprender da lección.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania