Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deber con Baltar

jueves, 08 de diciembre de 2022
Houbo un libro: Un señor elegante de Suso de Toro. Seguiulle unha exposición: Deber de Baltar de Pepe Barro que se baseaba no libro. E... agora hai unha demanda para que o hospital provincial pase a chamarse Ramón Baltar.

A petición di así:
"HOSPITAL RAMÓN BALTAR"

O médico e cirurxián don Ramón Baltar Domínguez forma parte da historia médica de Deber con BaltarGalicia. Director do Gran Hospital Real, como xa fora o seu pai Ángel Baltar Cortés, e profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago no tempo no que lle foi permitido, posteriormente Director General de Beneficencia Provincial da provincia da Coruña.

Desde ese posto conseguiu que se abrise un novo hospital de Beneficencia cando o Gran Hospital Real foi cerrado por orden do entón Xefe do Estado, xeneral Franco, para dedicar o edificio a parador de turismo. O propio Franco cedeu á insistente campaña de Baltar e concedeu que se crease un novo hospital para beneficencia, "Doctor Baltar, ahí tiene usted su hospital".

Posteriormente, desde ese mesmo posto administrativo conseguiu coas súas xestións, que incluíron a busca dos terreos, se crease un novo hospital provincial, o actual Hospital Provincial de Conxo. Se hai un hospital unido a unha figura é o actual "Provincial" e se hai unha figura médica que dedicase tantas ansias á Medicina como servizo á poboación máis necesitada esa é a de don Ramón Baltar.

Don Ramón proviña dunha familia padronesa, onde está enterrado coa súa familia, dunha familia unida á historia de Rianxo e que viviu e exerceu a cirurxía en Santiago de Compostela. O exercicio da profesión de modo brillante unido ao seu compromiso cívico e cultural co país fan que o seu nome sexa o máis indicado para ostentar o hospital que el inspirou e promoveu.

Por todo iso, solicitamos que se baptice co seu nome o actual "provincial". A existencia dun "Hospital Ramón Baltar” será ornato para a nosa Galicia toda e lección permanente de "memoria cívica".

Asociacións, fundacións, concellos, plataformas, museos... súmanse á proposta. Fronte ao deber de Baltar, é dicir, a obriga de cumprir co apelido (porque semella que un Baltar non pode deixar de cumprir co deber que lle é encomendado) está o deber dos demais cos Baltar, a responsabilidade da cidadanía con aqueles que fixeron máis digno e máis grande o lugar no que transitaron. Médicos que sandaron as feridas físicas pero tamén puxeron curas nas sociais, aliviando aos que perderan a batalla fronte aos golpistas e pagando co exilio exterior (Antón) e interior (Ramón) a súa toma de posición a favor da democracia e a república. Médicos nunha cidade sanitaria. Xentes de ben ás que reivindicar.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES