Aportando benestar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de diciembre de 2022
A todos nos gusta sentírmonos ben, sentírmonos satisfeitos con nós mesmos en particular e con todos, en xeral.
Por ese motivo loitamos toda unha vida para conseguilo.
Traballamos para conseguir benestar material: roupa, calzado, casa, coche...
Esforzámonos para conseguir unha boa formación intelectual: coñecementos, estudios, investigación...
E renunciamos a moitas comodidades para ter a conciencia en paz con Deus (os crentes), con nós mesmos e cos demais.
Tódolos nosos esforzos van encamiñados ó noso benestar persoal e familiar en primeiro lugar.
Pero tamén cómpre o benestar social, o benestar da comunidade na que nos movemos, o benestar no mundo que nos toca vivir.
Alcanzar benestar ten un prezo moi elevado; pero non gozar del é moito peor.
Se nós gozamos dun bo nivel de benestar pero ó noso carón hai persoas que non o poden disfrutar, xa o benestar non é pleno.
POR ESO CÓMPRE APORTAR BENESTAR ARREDOR DE NÓS.
Dispoñemos de moitos medios para poder aportar benestar.
É difícil; pero non imposible.
NON FACER MAL A NINGUÉN É O PRIMEIRO PASO; PERO NON É SUFICIENTE.
Unha persoa que non fai mal a ninguén: está aí; pero non é "nin fariña nin salvado", non se pode contar con ela para nada.
Hai persoas que se conforman con eso; pero tamén as hai que se esforzan por contribuír ó benenstar dos demais.
Son aquelas persoas que priorizan o ser moito antes que o ter e non poñen en dúbida compartir tempo, coñecementos, momentos de dor, momentos de ocio e incluso cartos.
Grazas ó que fan esas persoas e ó bo exemplo que dan, o mundo vai indo o ben que vai.
Esas persoas preocupadas polo benestar común: ocúpanse de alegrar a vida a cantos as rodean, sacan forzas de onde as haxa para conservar a esperanza dun mundo mellor para todos.
Saben que poden facer moi pouco; pero o que fagan é importante.
Debémoslles moito agradecemento a esas persoas porque son como unha semente que vai xermolando e medrando pouco a pouco.
Unha semente é un gran moi pequeno; pero unha semente e outra e outra e moitas máis, fan un precioso sembrado que dá gloria velo.
Todos estamos chamados a aportar benestar; pero máis, canta máis responsabilidade teña unha persoa.
Por tal motivo os adultos debemos ter moito tino á hora de dar bos exemplos á xente nova.
A xente nova, fará o que ve facer ós adultos.
Os exemplos, arrastran.
As palabras lévaas o vento.
Hoxe en día circulan todo tipo de informacións e todo tipo de conductas; pero non todas serven para aportar benestar.
Cómpre que as familias estean moi atentas para que os seus fillos non collan malos exemplos nin malas compañías.
Cómpre que o profesorado tome parte neste aspecto porque EDUCAR É MOITO MÁIS QUE INSTRUÍR.
Cómpre que a Igrexa se ocupe con esmero dos seus fillos máis pequenos porque ELES SON OS PREFERIDOS DO MESTRE.
Cómpre que os gobernantes velen polo benestar dos pobos, que é o mellor que poden facer.
O mellor que podemos facer todos é crear benestar no sentido integral, é decir:
-Benestar físico.
-Benestar intelectual.
-Benestar psicolóxico.
-Benestar espiritual.
-Benestar social.
Porque o ser humano necesita tanto alimentar o seu corpo, como a súa mente, como a súa conciencia.
Cómpre non descoidar ningún aspecto porque o benestar da persoa quedaría incompleto.
"TODO É NECESARIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora