Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada vez máis urbanitas

lunes, 01 de diciembre de 2008
Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida de occidente impóñense, e as emigracións desde o rural ás cidades foron incesantes durante os últimos séculos. No XIX, hacia Hispanoamérica, na percura dunha vida digna. No XX, a Europa, na percura dunha vida mellor. E sempre e aínda agora, ás cidades, buscando asfalto e cultura, actividade social, postos de traballo, independencia do xugo campesino que tanto tempo nos atou.

En tanto, o xugo campesino deixa de selo e o campo transfórmase nun lugar onde poder facer negocios e vivir mellor.

Pero o éxodo está consolidado aínda que non rematado. As grandes cidades de Galicia, a comezos do século XX, representaban arredor do doce por cento da poboación galega. Na actualidade, chega ó corenta por cento, concentrando as sete grandes cidades catro de cada dez galegos.

En Vigo habitan máis do trinta e un por cento dos habitantes da provincia de Pontevedra (na capital, algo máis do oito por cento), en Ourense capital tamén algo máis do trinta e un por cento, en Lugo cidade algo máis do vinteseis por cento das xentes das terras lucenses, e na Coruña algo máis do vinteun por cento dos coruñeses.

As cidades cuadruplicaron en pouco máis dun século a súa poboación, e o campo subministrou os elementos humanos que se supón sobraban para facer rendible o traballo nel, como antes os galegos ían traballar fora para liberar cargas e contribuir á pervivencia das unidades familiares.

Pero o proceso aínda non está rematado, o éxodo segue. Aínda que as comunicacións actuais permiten un maior trasvase que outrora, xa que se pode residir no rural e traballar no urbano ou ter explotacións no rural de acudir a unha cidade ou pobo a residir.

O que temos que conseguir é que rural e urbano sigan a entremestrurarse e relacionarse, beneficiándose das comunicacións e das novas tecnoloxías, sen fendas entre os dous mundos, elevando os niveis de vida -non só os económicos- do campo galego para facelo máis atractivo para propios e visitantes. O de ser moito máis urbanitas que antano, non ten porque ser malo en sí mesmo, sempre que sexa un desplazamento voluntario e non unha expulsión, mentras que sexa unha viaxe de conveniencia e non unha fuxida. Todo depende do nivel de vida, e as cidades non teñen porque ser a panacea, nin o rural ten porque ser un lugar de castigo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania