Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha mesa no bosque

miércoles, 07 de diciembre de 2022
Alguén podería pensar que comer consiste unicamente en resolver unha necesidade fisiolóxica. Isto pode ser certo para os animais non humanos, pero os humanos fixeron da preparación dos alimentos unha arte e un pracer para os sentidos. Cada vez máis, a boa cociña coida o contexto, ademais do sabor, porque nel vive concentrado unha historia que envolve a nosa forma de ser e estar no mundo.

Así o entendeu Pepe Vieira, o cociñeiro do restaurante situado no Camiño da Serpe de Raxó, que acaba de recibir a súa segunda estrela Michelín e tamén ten unha estrela verde. Quen se achegue ao seu restaurante verá que a súa cociña é un retrato moi sutil das experiencias que viviu en moi diferentes lugares do mundo, dende Xapón ata Noruega, para volver ao sabor e aroma das súas raíces culturais, que el bautizou como "a última cociña do mundo".

Pepe Vieira emprendeu un percorrido pola nosa cultura, acompañado do antropólogo Rafael Quintiá, para descubrir a orixe da súa gastronomía e ofrecela ao público, aderezada con propostas cheas de creatividade gastronómica e imaxinación. Cada prato é unha experiencia que nos fala dun mundo cheo de autenticidade. Gozalo na contorna privilexiada do Camiño da Serpe, en Raxó, contemplando a ría de Pontevedra, mergullado na natureza, nun pequeno bosque onde axexan os raposos cheos de curiosidade para espiar aos comensais, é unha experiencia única.

Natureza e cultura son o yin e o yang de Pepe Vieira, un segredo gastronómico que agora se complementa tamén con cabanas que permiten perderse nun bosque animado, onde se pecha o círculo dunha experiencia máxica. Deséxolle sorte!
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES