Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

TOLEMIA TRANSITORIA OU INVOLUCIÓN

lunes, 10 de marzo de 2003
Aconteceu hai pouco máis de tres décadas onde en Francia o lema era “imaxinación ao poder” (Maio do 68). Daquela en Europa nacía unha corrente de liberdade, unha revolución na música (Beatles, Rollings Stones etc.), coido que era unha revolución tribal, unha revolta xuvenil contra os “media”, o goberno de turno e a máquina. Sen esquecerse das novas tecnoloxías que escomezaban a despuntar (computadoras, tecnoloxía electrónica etc.). En España a nosa inquietude era acadar esas liberdades democráticas que os países europeos xa gozaban, intentar rematar con réxime fascista de Franco e liquidar dunha vez por todas con aquela “longa noite de pedra”. Aquilo en teoría acadouse no ano 1975. Digo en teoría, pois coido que non me trabuco se digo que chegando ao século XXI temos unha involución política, social e de liberdades democráticas, e voume a espallar.

Facendo un pouco de historia, nos anos 60 e 70 tiñamos no mundo uns líderes políticos de tendencias dispares con un peso e capacidade política impresionante que deixaron pegada ao longo de todos estes anos. Co paso do tempo ata hoxendía, sempre pensei que evolucionariamos na imaxinación política por parte dos gobernantes, atopándonos neste século XXI con gobernantes xestores ancorados na mediocridade política ao servicio de intereses ocultos. Todo isto nos leva á actualidade do belicismo que está imperando no mundo por parte do Sr. Bush con unha guerra “preventiva”, sen contar coas leis internacionais e a Carta das Nacións Unidas. ¿Qué podemos agardar dun “líder” desta calaña?. Cando di unhas opinións que son dignas de entrar nos anais da historia, Aquí temos algunhas delas: “ Para rematar cos incendios temos que corta-las-árbores. “Non é a contaminación a que ameaza o medio ambiente, senón a impureza do ar e da auga. “¿Vostedes tamén teñen negros?”. (Comentando co presidente brasileiro Fernando Cardoso). “Sei que os seres humanos e mailos peixes poderán coexistir en paz”. “África é unha nación que sufre unha incrible enfermidade”.
Si ao irmán presidente coida que África é unha “nación”, non sorprende nada que o seu irmán gobernador pense que España é unha república. ¿Cómo poden chegar ao poder semellantes personaxes? . Esa é a pregunta do millón.

Pero o sorprendente de todo isto, é que algúns gobernantes da vella Europa como Aznar e Blair lle fagan o xogo, inclusive o Sr. Aznar con o 91 por cento da poboación en contra da guerra, non impide ensimesmado coa súa microscópica importancia acuda a cumes belicosas no rancho de Bush, pasando olimpicamente dos cidadáns, do Parlamento e de toda unha oposición, acusando a todo aquel que discrepe que estamos con Sadam Hussein e de extremistas. Si analizamos paseniño todos estes últimos meses do conflicto, ollamos que en España estamos ante un déficit democrático que avanza cada día a pasos de xigante. ¿Estaremos ante unha tolemia transitoria ou camiñamos pola senda da involución?.

Estes son os “lideres políticos” que nos tocou vivir, pero non deixan de ser uns simples xestores das grandes corporacións, pero témo-la sorte de contar aínda con aqueles grandes líderes políticos de antano que hoxendía algo teñen que dicir, como exemplo o de Nelson Mandela que sintetiza así a situación na que vivimos: “Un Presidente miope e incapaz de pensar de manera adecuada pretende sumir al mundo en un holocausto”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES