Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co que temos... bastante facemos

lunes, 05 de diciembre de 2022
Nin contra Costa Rica eramos tan bos nin contra Xapón fomos tan malos. O que pasa é que nós axiña pasamos da algueirada á desesperanza. Eu creo que, dentro do que cabe, somos bastante bos. Pola sinxela razón de que, tendo o que temos, pasar a Co que temos... bastante facemosfase de grupos xa é un éxito. E agora, cada eliminatoria que pasemos (se a pasamos) xa vai máis alá do que se lles pode pedir á nosa Selección no Mundial de Qatar. Falando claro; moitos xogadores españois son suplentes nos seus equipos. E aí están respondendo. Case todas as seleccións teñen o seu líder, a súa estrela, mentres que nós, como moito, temos a Pedri e, que queredes, é un neno.

Logo da secuencia de pánico ou de terror acaecida o outro día contra Xapón, xa volveron as malas linguas reclamando ó defensa central Nacho e criticando o esquecemento do seleccionador cara ó Real Madrid. A ver se fago baixar da burra a algúns.

Caso Nacho. Este xogador leva 13 temporadas no Real Madrid. Por esas 13 temporadas pasaron seis adestradores, que se pode dicir que foron oito porque Ancelotti e Zidane estiveron en dúas etapas distintas. Pois ben, con eses oito (ou con eses seis) adestradores foi sempre suplente (si, xa sei que xogou partidos de titular, pero foron xeralmente por lesións ou por algún descanso dos titulares). A maiores, hai que engadirlle seis máis da Selección (cinco, porque Luis Enrique foi dúas veces), que tampouco contaron moito con el que digamos. Con todos eses datos, creo que está todo moi ben explicado. Non deberiamos botar tanto as mans á cabeza porque, si, é un xogador que sempre responde, pero... Pero sempre estivo de suplente.

E Luis Enrique mal pode levar xogadores do Real Madrid cando o Real Madrid non ten xogadores españois. Está Carvajal (que desde a lexión non volveu ser o que foi) entre dez estranxeiros, que case son doce, porque nos cambios sempre están primeiro Camavinga e Rodrygo. Asensio, o mellor español que ten o Madrid, estaba sendo suplente. E despois quedan Lucas Vázquez e Nacho. Deste xa falei e de Lucas, por moi galego que sexa...

A selección nosa é certo que é pobre, moi pobre. Pero aínda así, eu confío nela. Pasado mañá saberemos ata onde chega esa confianza. Non obstante, aínda que nos veñamos para a casa... Co que temos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES