Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darío Xohán Cabana, un home xeitoso

lunes, 05 de diciembre de 2022
Darío era un home xeitoso. E dito esto, todos vós pensaredes que haberá infinitos adxectivos máis acaídos ca o de xeitoso, pero eu sei, estou vendo, que Darío sorrí. Como se o estivese vendo.

Porque xa hai ben tempo, sempre sorrindo como acostumaba, dixome: "Oe Xulio, Darío Xohán Cabana, un home xeitosoe ti daste conta de que nos teus artigos utilizas o cualificativo de "xeitoso" con profusión?. Tenme chamado a atención, e así cho digo".

Non sei que resposta lle din porque, a verdade, un é como é, sempre ás presas, improvisando, e sae o que sae, escribindo máis co corazón que coa cabeza. Pero ao decilo Darío, sei que tiña razón, e seguro que abuso de conceptos que os galegos asumimos, e que para os de fóra sería moi difícil traducir axeitadamente. "Axeitadamente.

Xeitoso ou xeitosa será a persoa que sabe comportarse en todo momento como corresponde, que sabe ser neno cos nenos; vello cos vellos; empodeirado cos poderosos, e o máis humilde cos máis humildes. Darío, xa que logo, era unha persoa ben xeitosa.

Xeitoso é o que sabe ser parella amante; pai educador e inspirador; avó comprensivo e tolerante; servidor público achegado ao pobo que sirve; calado, risoño, equilibrando amor e humor, sempre pacifico e pacificador. Darío, tamén nesto, era un home ben xeitoso.

Xeitosa era, no galego antigo - o idioma que mamamos na aldea conservado polos nosos devanceiros -, a persoa que sabía axustarse ás circunstancias, e atopaba solución manual ou intelectual para os problemas de cada día, proporcionando tranquilidade, continuidade, evitando saltos e sobresaltos. Supoño que ninguén me negará que Darío era un home xeitoso.

Se ao comezo eu estiven seguro de que Darío estaba sorrindo, polo feito de que tempo despois eu lembrara a sua non sei se corrección, se pura constancia de feitos, agora paréceme que está tapando os ollos como para non verme nesta circunstancia que ao mellor xa non é "xeitosa" para esta lembranza, cabodano, constancia de presencia entre nós por tantas pegadas literarias, tanto agarimo, e ata homenaxes que non fan máis que comezar.

Por se acaso comprobo que sinónimos de xeitoso veñen ser mañoso, apropiado, benfeito e agradable. Pois tampouco vou tan descamiñado cualificando a Darío, por activa ou por pasiva, como "xeitoso".

E como un anda camiñando senón en tempo de desconto, se moi avanzado o partido da vida, teño a esperanza de dar chegado consciente ao ano 2031, para poder participar no "Día das Letras galegas" dedicado a Darío. Para todos nós, os "dariófilos", vai ser algo moi XEITOSO.

(Palabras de Xulio Xiz na homenaxe a Darío Xohán Cabana en Lugo, o 18.11.2022)

Currículum Darío Xohan Cabana.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES