Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mural para Díaz Castro en Guitiriz

NPG Nova Poesía Guitírica - jueves, 01 de diciembre de 2022
A Nova Poesía Guitirica NPG propón ao Concello de Guitiriz a realización dun grande mural adicado ao poeta Díaz Castro. A proposta foi realizada onte á alcaldesa Marisol Mural para Díaz Castro en GuitirizMorandeira no acto de presentación do libro de Man Castro por Antón de Guizán que propuxo tamén versos de Díaz Castro para os pasos de peóns da vila. A proposta foi presentada tamén polo rexistro electrónico municipal.

A Xosé Maria Díaz Castro adicaronselle as Letras Galegas 2014 é o persoeiro máis relevante da história recente de Guitiriz e un dos poetas máis destacados da literatura galega.

Un grande mural conteibuirá ao orgullo das xentes de Guitiriz do seu bardo máis importante, inspirador da Nova Poesía Guitirica NPG e tamén ao que sexa percebido polos centos de visitantes que se achegan a Guitiriz.

Así como Vilalba ten adicado o seu a Agustín Fernández Paz, o poeta vilarego merece um lugar destacado em honra por todo o aportado ao seu concelho de orixe e nada mellor que um grande mural.

A actividade poética promovida dende os centros de ensino, Xermolos e Nova Poesía Guitirica NPG configuran a Guitiriz como um concello poético con Díaz Castro como figura referencial.

Outra das propostas manifestadas á alcaldesa foi incluir nos pasos de peóns da vila e tamén de Parga, versos do poeta local.

Guitiriz é pedra, auga... e poesía!!

#NovaPoesiaGuitiricaNPG
#LareiradeSoños
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES