Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (37)

viernes, 16 de diciembre de 2022
Saudadores, pastequeiros e corpos abertos

Os saudadores e pastequeiros son unha clase de emisarios valuros da protección divina especializados en meigallos e doenzas de orixe máxico. Curan mediante a imposición de mans, as oracións e por obra da mediación de santos.

Os saudadores ou dadores de saúde están como recubertos dunha aura sagrada, sendo capaces de curar calquera clase de doenza coa mirada, as mans A misteriosa e incógnita Valura (37)ou incluso o alento. Pode ser saudador o sétimo fillo da mai que soamente tivese varóns. Pénsase que teñen unha cruz no ceo da boca ou debaixo da lingua, tendo o seu cuspe unha virtude curadora.

Para ser pastequeiro hai que usar o "pasteco", derivado dos vocábulos latinos "pax tecum" que inclúen nos seus ensalmos. Son especialistas en quitar o meigallo. Aquilino Iglesia Alvariño e Vicente Risco dicían que os Valuros eran simples pastequeiros.

Os espiritistas e corpos abertos son capaces de comunicarse co máis alá.

Os corpos abertos son os que se dedican a exorcizar espíritos que posuíron o corpo dun vivo causándolle unha enfermidade. O exorcizador para poder exorcizar ha de ter previamente sufrido nas súas propias carnes a invasión da alma dalgún morto, xa que unha vez que acadou a súa expulsión adquire a facultade de curar os que sofren esta doenza, cuxos síntomas son de carácter psíquico e maniféstanse polo decaemento, a fraqueza, a desgana e a falta de apetito. Cal é a causa de que a ánima dun falecido regrese ao mundo para meterse nun organismo alleo? A causa hai que buscala na crenza do purgatorio por aqueles que deixaron unha promesa incumprida, quedando condenados a vagar por este mundo ata que as súas faltas sexan purgadas; por iso procuran a axuda dun familiar para que rece por eles, para que lle ofreza misas ou leve a cabo o compromiso que adquiriu en vida, xeralmente o ofrecemento a un santo en procesión á súa ermida.

Ás veces, as ánimas posúen a un ser querido para que lles axude a saldar as contas, normalmente aproveitan un susto na vítima ou cando abre a boca para meterse dentro do seu corpo.

Os corpos abertos, cando se libran do espírito ocupante, reciben o don de comunicarse cos mortos e de falar por eles, de tal maneira que, se isto lle pasa a un, hai que levalo a unha persoa á que lle sucedese o mesmo previamente co fin de que se comunique co falecido e adiviñe o motivo para solucionar o problema e chegar a sandar o enfermo.
Nese susto, hai tamén quen recibe "almas boas" que se quedan dentro para sempre e que os guían para curar a outros da mesma ou doutras enfermidades. E por haber, hai así mesmo almas mal intencionadas que entran en corpos alleos por pura diversión.
O procedemento curador supón un espectáculo asombroso no que se retorcen, botan escuma pola boca e falan nunha voz que non lles corresponde. No transo comunícanse co espírito invasor e adiviñan a causa do mal.

Salve Valuria!

NOTAS:
FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006.
Outros
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES