Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (36)

viernes, 09 de diciembre de 2022
Arresponsadores, ensalmadores e exorcistas valuros

Arresponsadores e ensalmadores son os máximos valedores do poder curador por medio da palabra. Con grande fervor e misticismo recitan de carreiriña unha longa lista de oracións e ensalmos cos que apartan e afastan a enfermidade, mantendo á raia os perigos que ameazan a vida das persoas e da comunidade, pero os Valuros tamén practicaban o exorcismo segundo se recolle nas amoestacións do ano 1775 pola igrexa de Tui, xa visto anteriormente.
A misteriosa e incógnita Valura (36)
O arresponsador cura algunhas enfermidades a través do rezo de responsos, utilizando de mediadores a Deus, a Virxe e os santos, aínda que a súa especialidade é escorrentar o lobo para protexer o gando co famoso responso de san Antonio, que tamén é válido para atopar obxectos perdidos, e incluso persoas ou animais. Para que sexa efectivo hai que dicilo ao dereito e ao revés sen trabucarse nunha soa palabra.

O ensalmador é o encargado de curar as enfermidades seguintes: "o meigallo", "o mal de ollo" ou "os aires". O ensalmador é un curandeiro místico-relixioso cun gran poder de persuasión que cura por medio dos ensalmos. Ten unha aparatosa liturxia curadora procedendo da seguinte maneira; primeiro murmura e rosma os ensalmos, logo impón as mans ao sufridor. Ás veces, coa imaxe dalgún santo fai cruces pronunciando a seguinte frase: "Dios che quite a enfermidade e che dea a sanidade".

Os exorcistas valuros expulsaban o demo dos posuídos, dos energúmenos e endemoñados usando o mesmo sistema que os ensalmadores, por ser os dous quenes coñecen a arte da bruxería -nunca o arresponsador- e usan oracións e ensalmos de San Ciprián contidos no famoso libro de El Ciprianillo, que é un grimorio que contén artes diabólicas e rituais que serven para atopar tesouros, pactar cos demoños, facer exorcismos, curar o meigallo, os feitizos, as posesións e o mal de ollo, entre outros.

Salve Valuria!

NOTAS:
FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006.
Outros:
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES