Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (35)

viernes, 02 de diciembre de 2022
Feiticeiro, Bruxo, Meigo = Valuro

Feiticeiro segundo a R.A.G é "unha persoa á que se lle atribúen poderes sobrenaturais e que coñece as propiedades dos elementos da natureza, que adiviña o porvir, fai curacións, etc. Os sinónimos son BALURO, bruxo, mago, meigo". Un feiticeiro será, xa que logo, un bruxo ou un meigo, e incluso un valuro, non obstante nós pensamos que hai diferenzas entre un bruxo e un meigo, aínda que os valuros poden ser as dúas cousas.

Tanto os bruxos como os meigos están asociados a Satán e aos espíritos malignos pero A misteriosa e incógnita Valura (35)son capaces de conxurar o mal. Son respectados e repudiados, o mesmo que eran os Valuros antes de chegar a ser só esmoleiros, pero ademais son temidos e consultados a miúdo sobre as máis variadas cuestións polos labregos que acoden a eles por mor das forzas malignas. Aínda que os dous están asociados ao mal, tamén teñen a capacidade de poder sandar.

Os meigos son os que causan o mal e as enfermidades, mentres que os bruxos son os que curan e manteñen afastados os espíritos malignos.

Os meigos (valuros) poden provocar grandes males, tales como: botar a perder a colleita ou enfermar a persoas ou animais, facer que as vacas dean sangue en vez de leite, de aí as frases do acerbo común galego: "viume unha meiga/o", "éche cousa de meigos/as". O meigo ou a meiga son oficios hereditarios e transmitidos de mais ou pais a fillos/as, e de avoas/ós a netas/os. O traspaso de poderes consiste en darlle a man á persoa que vai recibir o legado.

Aos bruxos ou Valuros recórrese para librarse das enfermidades raras e, sobre todo, as asociadas e producidas por seres ocultos, como pode ser "o mal de ollo" ou "os meigallos"; para solucionar estes problemas botan man de procedementos e rituais máxicos e relixiosos.

As cerimonias fanas nas encrucilladas dos camiños, igrexas ou cemiterios e utilizan moitos tipos de obxectos sagrados, como poden ser, crucifixos, cruces de caravaca, rescritos, velas, incenso, imaxes...

Os bruxos teñen tamén a potestade de converterse en animais: gatos, moscas, arañas ou abellóns (de aí o dito "quen mata un abellón, ten cen anos de perdón").

Cando se transforma en mosca e molesta ao gando, hai que zarrapicar o insecto cunha pouca auga bendita, para o cal, debemos mollar unha ramiña de loureiro e asperxendo o líquido, matamos o bruxo.

Tamén se lles atribúe a maldade de botar o "mal de ollo", enfeitizar as persoas ou o gando e incluso roubar os pequenos para chupárllelo sangue. Como remedios en contra dos bruxos están: a pedra de ara, a figa, o corno de vacaloura, allos, castañas de Indias... tamén os ramos de sabugo, a herba da Nosa Señora, o fiúncho, o romeiro, o loureiro ou a menta que se teñen que poñer nas portas e fiestras para que non entren nas casas e incluso, sempre me acordo como de pequeno, alo polo ano 56, cando iamos camiño da escola unitaria, había unha muller que vivía soa nunha casiña e nas fiestras poñía as fouciñas e as gadañas para preservarse dos bruxos e bruxas, o que xa aos pequenos nos chamaba moito a atención e abría a nosa mente cara ao descoñecido.
Salve Valuria!

FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006.
Outros:
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.
R.A.G.- Diccionario dixital

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania