Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Respecto e sentido común

jueves, 01 de diciembre de 2022
Estamos empezando un mes cargado de maxia, principalmente polas festas nadalencas e tamén, por que non dicilo: pola paga extra, pola lotería, polas reunións familiares, polas vacacións escolares...
E tamén nos acordamos de moitas persoas que non gozan destes dereitos.

Pero afortunadamente somos moitas as persoas que celebramos estas festas cantando panxoiñas en familia arredor do Nacemento do Neno Deus no Portal de Belén.

Outras tamén o celebran con festas de diferentes tipos baseadas principalmente no consumismo e no materialismo...
Cadaquén está no seu dereito de celebralo como mellor lle pareza.

Pero para os cristiáns o Nadal ten un encanto moi especial.
Din a estadísticas que os cristiáns representamos o trinta por cento da poboación mundial.
Por eso, cando chega o nadal pasa algo moi especial.
Algo especial para todos pero principalmente para os cristiáns.

NINGUÉN PON EN DÚBIDA DE QUE OS VALORES CRISTIÁNS SON ESTUPENDOS.

Pero no mundo tamén circulan outras moitas correntes relixiosas e de todo tipo...

Pertencemos ó HOMO SAPIENS e xa nos parece que o sabemos todo.
Certo que somos moito más evolucionados que os da Prehistoria; pero a evolución aínda está moi incompleta...
Neste mundo que nos toca vivir, os que máis saben, saben moi pouco.
E os que menos sabemos, sabemos moitísimo menos,

POR ESO PERDÉMO-LO SENTIDO COMÚN CON MOITA FACILIDADE.
Ata hai quen dí que o SENTIDO COMÚN é o menos común dos sentidos.
Algúns din que está desaparecido.
Outros din que faleceu sen saber como nin de que maneira.

E co RESPECTO tamén nos pasa algo así: falamos tanto del que xa o damos por amortizado.
Coido que non estamos no certo.
Non nos damos conta de que canto máis usemos o respecto e o sentido común, máis brilan e non se gastan nunca.
Pode que algunhas persoas andemos un pouco despistadas nestes tempos cheos de incertidumes.

Pero mentres haxa persoas que conserven o SENTIDO COMÚN e o RESPECTO aínda podemos retoma-la cuestión e facer todo o que estea ó noso alcance para que reinen nas nosas vidas.

Se botamos man do SENTIDO COMÚN e do RESPECTO, poden solucionarnos moitos problemas.

O SENTIDO COMÚN DINOS QUE DEBEMOS ACTUAR COS DEMAIS TAL COMO NOS GUSTARAÍA QUE ACTUARAN CON NÓS.
Así de sinxelo.
No día a día atopámonos con moitos problemas e ben que agradecemos cando alguén está disposto a botarnos un cabo.
E na mesma medida gúsalles ós demais contar coa nosa axuda.
Trátase de reciprocidade.

Habitualmente non se trata de nada extraordinario.
A veces son cousas tan sencillas como: unha palabra de alento no momento adecuado, unha mirada agradecida, un sorriso, unha pequena axuda...

NINGUÉN É TAN RICO QUE NON NECESITE NADA NIN TAN POBRE QUE NON TEÑA ALGO PARA OFRECER.

Outra cousa ben importante é o RESPECTO.
Sempre foi necesario; pero hoxe en día máis que nunca, porque vivimos nun mundo de relacións moi diferentes, de modos de pensar completamente distintos, de culturas moi variadas...
Cómpre estar abertos a todos porque todos nos poden aportar algo novo e enriquecedor no vivir de cada día.

Hoxe en día as persoas móvense moito por diferentes razón.
Por eso:
- Cando vaiamos a terra extraña, debemos tratar de inculturarnos para favorecer a convivencia e ser ben recibidos.
- E, cando recibamos a persoas doutros países, debemos acollelas para que lles resulte menos costosa a súa integración.

O respecto e o sentido común son dúas ferramentas moi válidas e benficiosas para todos.

O que é bo para todos, non fai mal a ninguén, aporta benestar.

"APORTANDO BENESTAR"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES