Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reducir á metade o abandono escolar

viernes, 28 de noviembre de 2008
Vense de aprobar entre o Goberno e as comunidades autónomas, na conferencia sectorial de educación, un Plan para reducir á metade o ano 2012 a actual taxa de abandono escolar, de xeito que veña homologarse coa europea que anda arredor do quince por cento, co que algo máis de medio millón de rapaces de entre dezaseis e vintecatro anos continuarán estudiando fora xa do ensino obrigatorio.

Se así se conseguise de inmediato, habería unha baixa nas cifras do paro moi sustanciosa, pero o que se di que se pretende é o fortalecemento cultural e formativo dos nosos mozos, inmersos nun sistema que se ten evidenciado floxo e pobre en comparación cos paises do entorno e co noso pasado educativo.

As comunidades van recibir cento vinteun millóns de euros no próximo 2009 para promover accións que posibiliten esta prolongación xuvenil de estudios, téndose creado tamén unha pomposa Mesa Permanente sobre Abandono Escolar que botará a andar antes de que remate este ano.

Como sempre, cóidase poder fortalecer a formación profesional para que máis rapaces se orienten hacia estes estudios imprescindibles para formar técnicos medios.

Pídese ós empresarios que primen a posesión do título de Ensino Secundario Obrigatorio nos rapaces que accedan ó emprego. Por pedir que non quede, pero os empresarios van ó seu, e os rapaces non van estudiar máis tempo para algo do que ninguén os convenceu que vai ser máis rendible.

O abandono escolar, a inconsistencia dos resultados, a violencia nas aulas, e todo o que nos preocupa dos ambientes formativos requiren fórmulas máis valentes, arriscadas, novedosas e convincentes. Mentras tanto, seguiremos igual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES