Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 25 de noviembre de 2022
Sobre o colchón dos anhelos

El subiu á Perla Negra e navegou ata alcanzar a lúa vella. Colleuna e presentoulla en bandexa de prata a ela. Ela emocionouse tanto que lle colleu a el unha man. Para el foi coma un lategazo, como unha sacudida. A ela, o sufoco facíalle subir e baixar o peito. A el, o acoramento era o causante de que o seu corazón bombease de présa e Pingas de Orballo con forza. Hai momentos nos que é bonito que se deteña o tempo. E que o silencio acabe amortecendo ou debilitando o sufoco dela e o abafamento del.
Sentaron un á beira do outro. Ela mirando para o chan e el alzando a ollada cara ó ceo. O silencio era tal que se oían os suspiros, as ansias, os desexos. O ruído destes rachaba ese silencio compartido. El mirouna de esguello. A ela treméronlle os beizos. Os saloucos brotaron do peito del. A cor vermella da cara dela foi en aumento. E ningún foi capaz de frear os movementos. O único que se detivo foi o tempo.
Abrazáronse e iniciaron un bico profundo, intenso e eterno. Deitaron no colchón dos anhelos. Ela regou cos seus fluídos todo o desexo del e el sementou os latexos de tal devezo no máis profundo do océano dela. Despois, bastante tempo despois, os dous subiron á Perla Negra. A navegación foi constante e fluída e calmada e eterna por un mar en calma no que tan só se arrolaba esa felicidade que sentían moi dentro. Ela (ós poucos) amosaba un enorme sorriso. El (sempre) rosmaba e asubiaba a canción daquel encontro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania