Medidas contra o paro
							Editorial - jueves, 27 de noviembre de 2008
							  A situación de paro con dotación a cargo das prestacións que o Estado ten establecidas é un remedio temporal pero non solución definitiva. Remedio mentras o traballador non encontra outro posto de traballo, máis difícil canto máis conflictiva sexa a situación laboral do país, agudizada nestes tempos pola crise. 
        
O Goberno autonómico ven de tomar determinadas decisións en relación con esta situación anómala sobrevida, loitando contra o problema xeral a base de suprimir problemas particulares. Así, ven de anunciar que contratará ata dous mil traballadores parados para participar en tarefas colectivas tales como conservación de ríos, montes e estradas. 
Durante seis meses, os traballadores en lugar do paro- percibirán un salario por limpar caudais de ríos, espazos naturais, áreas de descanso, fontes, rede autonómica de estradas, terraplenes, cunetas e accións contra incendio desbrozando nos montes. 
        
Trátase dunha acción temporal durante seis meses, nas que os contratados sabranse útiles na súa función e o goberno galego combate desequilibrios mediante unha acción de promoción de emprego e de actividade, 
        
É unha pequena acción, pero sempre interesante. Todas as accións descritas teñen interese porque afectan ás propiedades colectivas de Galicia que teñen que estar alomenos ben conservadas. O que ocorre é que unha acción pequena, por agora aillada, que en moi pouco influirá na situación xeral. Pero é unha boa acción, se se leva a cabo correctamente, sen partidismos, e rodeada de outras máis que axuden a incidir na situación xeral.
							
							
Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora